jueves, 27 de marzo de 2008

ESCOLA DE ESCALADA


Os recordamos que o Concello de Noia, coa colaboración do club Terra Meiga, organiza unha Escola de Escalada no rocódromo do pavillón Alonso R. de Noia. Está aberto a todalas idades e a inscrición a podedes facer na mesma instalación. As clases será os sábados de 10.00 a 13.00 h. asi que apura que xa estas tardando.

Encontros para o fin de semana

SÁBADO, 29
No Polideportivo Municipal:
16.00 Fútbol sala, 2ª masculina. Pub Cotton Al. Severo Noia - Laracha F.S.
18.00 Fútbol sala, 1ª "B" masculina. Pub Cotton Al. Severo Noia - Fisterra F.S.
DOMINGO,30
No Polideportivo Alonso R.:
17.30 Baloncesto. Xuvenil masculino. CB Noia - Obradoiro
19.30 Baloncesto. Infantil masculino "B". CB Noia - Fontiñas

martes, 25 de marzo de 2008

O EQUIPO DA SEMANA


O PUB COTTON AL. SEVERO está na 5ª plaza da liga Galega Xuvenil de fútbol sala. Javi Severo ten moito que ver co bo facer do equipo este ano. Ánimo e a seguir así rapaces.

lunes, 17 de marzo de 2008

O EQUIPO DA SEMANA


Acaban de clasificarse como segundas na 1ª Nacional e xa están pensando na Fase de Ascenso a Liga FEV, estas rapazas non teñen límite. Pois a adestrar moito e sorte.

viernes, 14 de marzo de 2008

Camiñantes


O vindeiro domingo, 23 temos unha cita co club de camiñantes, imos de ruta por Noia. Sairemos as 10.00 h. do Concello e pasaremos por Santa Cristina, Augalevada, Villaverde, Sampaio e Albariza. Estades todos invitados, taer calzado cómodo e chubasqueiro por si chove.

Iniciación o Tenis


Hai que aproveitar o bo tempo que estamos disfutando, e unha das mellores formas é facendo deporte ó aire libre. Aqui tes unha oferta interesante: aprende a xogar ó ténis. Será o luns, miercois e venres de 16.30 a 18.00 nas pistas do paseo marítimo. Inscrición no Alonso R. ¿A que esperás?

Torneo de Bádminton


Aproveitando os días de vacacións o Departamento de Deportes do Concello organiza un campionato de Bádminton. Será no Polideportivo Alonso R. e está aberto a todalas idades. as categorías establecidas son: feminino, masculino e parellas mixtas. Os días son xoves 20 e venres 21 en horários de mañá e tarde. Non o duvides e participa, inscribite no polideportivo Alonso xa.

Xornadas de animación o balonmán


Estos días de semana santa imos facer unhas xornadas de animación ó balonmán onde descubriremos un deporte espectacular e moi completo. Será no Polideportivo Municipal o luns de 18.00 a 19.30, o mércores de 11.00 a 12.30 e o venres de 18.00 a 19.30 h. Anímate e participa.

Encontros para o fin de semana

SÁBADO 15
No Municipal:
16.00 fútbol sala xuvenil Pub Cotton Al. Severo - Mare Nostrum
18.00 hockei a patíns Noia HC - Escola Lubians Calvo
No Alonso R.:
17.00 Voleibol 1ª Feminina Fisioterapia Cinesia Noia - Antalsis A Coruña
19.00 Voleibol xuvenil feminino Fisioterapia Cinesia Noia - Arqo Rianxo
DOMINGO 16
No Alonso R.:
12.30 baloncesto cadete feminino Noia Maderas J. Suarez - Digamel Caixanova
17.00 baloncesto senior Liga FGB CB Noia - Gayolo Ford

martes, 11 de marzo de 2008

O EQUIPO DA SEMANA


Os rapaces do equipo xuvenil do Club Voleibol Noia lograron clasificarse para xogar a Final do Campionato Galego. Solo catro equipos chegan a esta final, entre eles estará este ano o Federópticos Larrondo que dirixe Moncho Baña. felicidades e sorte na final que se xogará os días 5 e 6 de abril.

IMPORTANTE: XESTORES, HOXE É A CITA

XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS PÚBLICAS Ó DEPORTE GALEGOA Dirección Xeral para o Deporte organiza unha xornada informativa sobra as axudas públicas ás entidades deportivas. Terá lugar en Noia, no Concello, no Salón de Plenos, as 19.00 horas.Esta xornada servirá para dar a coñecer as novidades derivadas da implantación da nova lei de subvencións de Galicia e recomendacións prácticas para poder xestionar as mesmas.Dirixido a directivos/as de clubs deportivos galegos que teñan responsabilidades na xestión de subvencións.

viernes, 7 de marzo de 2008

Encontros fin de semana

Sábado, 8
Polideportivo Alonso R.:
12.00 Voleibol xuvenil masculino Liga Galega: Federópticos Larrondo Noia- Galp Ourense
Polideportivo Municipal:
16.00 Fútbol sala Liga provincial: Pub Cotton Al. Severo Noia - C4 Bicaje
18.00 Fútbol sala 1ª Nacional "B": Pub Cotton Al. severo Noia - Esteo FS
Domingo, 9
Polideportivo Alonso R. :
12.30 Voleibol xuvenil masculino Liga Galega: Federóppticos Larrondo Noia - CV Riveira
19.00 Baloncesto infantil masculino Liga Galega: CB Noia - Sigaltec BBC
Estadio de S. Lázaro:
17.00 Fútbol Preferente Autonómica: C.F. Noia - U.D. Somozas



O noiés Keltoi González Fernández disputará este fin de semana o campionato de España de cros en idade escolar e universitário do Consello Superior de Desportes, que terá lugar na localidade zamorana de Touro. O desportista do Clube Atletismo Élite de Noia é un dos oito compoñentes que conforman o combinado galego da categoria cadete. Sorte.

jueves, 6 de marzo de 2008

CLUB DE CAMIÑANTES


O Concello de Noia anima a camiñar. Creamos un Club de Camiñantes para xuntarnos e motivarnos. Sabemos o importante que é o oxercicio físico en todalas idades. Camiñar ou marchar é unha actividade pracenteira e unha forma sinxela de facer exercicio. ¡Animo! ¡Camiñar é vida! visita o teu médico e faite un chequeo, coméntalle o plan que propoñemos, faite o carné de camiñante no Polideportivo Alonso R. de Noia. Xúntate con varios veciños ou amigos e propón un plan de traballo: 3-4-...7 días a semana, horario, distancias, etc.

Periodicamente informaremos de novas e actividades futuras.

ESQUI 2008 DEPUTACIÓN


¡Atención! isto é para os participantes na Campaña de Esquí 2008 da Diputación. A hora de saída será o vindeiro sábado, 8 ás 21.30 h. diante do Concello. Ser puntuales e recordar levar algo para cear. Bo viaxe e pasalo ben rapaces.

ESCOLA DE ESCALADA


O Concello de Noia, coa colaboración do club Terra Meiga, organiza unha Escola de Escalada no rocódromo do pavillón Alonso R. de Noia. Está aberto a todalas idades e a inscrición xa a podedes facer na mesma instalación. As clases será os sábados de 10.00 a 13.00 h. e queremos comenzar en marzo asi que apura que xa estas tardando.

miércoles, 5 de marzo de 2008

O EQUIPO DA SEMANA


Desde aqui queremos animar o equipo cadete feminino de baloncesto, que a pesar de perder este fin de semana có Arxil de Pontevedra, está facendo unha campaña moi boa na dificil Liga Galega. Ánimo rapazas. Mon a seguir traballando así.

DE INTERÉS

XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS PÚBLICAS Ó DEPORTE GALEGO


A Dirección Xeral para o Deporte está a organizar unhas xornadas informativas sobra as axudas públicas ás entidades deportivas. O próximo martes, día 11 de marzo, terá lugar unha xornada en Noia, no Concello, no Salón de Plenos, as 19.00 horas.

Esta xornada servirá para dar a coñecer as novidades derivadas da implantación da nova lei de subvencións de Galicia e recomendacións prácticas para poder xestionar as mesmas.

Dirixido a directivos/as de clubs deportivos galegos que teñan responsabilidades na xestión de subvencións.