martes, 16 de diciembre de 2008

FUTBOL PRAIA INDOOR


O vindeiros días 19, 20 e 21 de decembro no Multiusos Fontes do Sar (Santiago
de Compostela) celebraráse o CAMPIONATO GALEGO DE FÚTBOL PRAIA INDOOR,
unha magnífi ca oportunidade para amosar todas as habilidades adquiridas durante
o verán na praia cos amigos, e que adormecen durante o inverno. O recinto santiagués
encherase de area e traerache a praia a Compostela para que te divirtas cos teus, para
que coñezas aos outros: para que compitas.
Amais, se participas e amosas ser un dos mellores do torneo, ti podes ser un dos elexidos
para xogar coa selección Galega no partido Internacional que se celebrará o último
día do Campionato ás 13:00 hrs.
Apuntarse é o máis sinxelo. Só tes que formar un equipo de doce participantes como
máximo e achergarte ao Multiusos Fontes do Sar para formalizar a vosa inscrición (cota
de inscrición: 100 euros). A qué esperas? Ven a divertirte cos teus amigos no Campionato
Galego de Fútbol Praia Indoor!

Inscricións para o torneo:
Equipos inscritos: Máximo 48
Inscrición: 100€ / equipo
Número de inscritos: Mínimo 7, máximo 12 por equipo.
Idade mínima: 18 anos (cumpridos antes da data
do primeiro partido)
Prazo de inscrición: Ata 3 días antes do comezo do torneo
Dirección para formalizar a matrícula: Multiusos Fontes do Sar
Medio a utilizar: Inscrición in situ
Pago da inscrición: Efectivo
Se precisas máis información chama ao 981 568 160 ou envía un correo a
futbolpraia@multiusos.net.
O regulamento polo cal se rexirá o campionato está constituido polos Estatutos e Regulamentos de FIFA, polas Regras de Xogo do
Fútbol Praia, con lixeiras modifi cacións adaptadas a este torneo.
1

No hay comentarios: