martes, 30 de septiembre de 2008

COPA GALICIA FUTBOL SALA


Este martes o Noia Fútbol sala xoga en casa ante o Azkar Lugo. O encontro corresponde ós cuartos de final da Copa Galicia. É un partido que o afeccionado non debe perder. Todos a animar hoxe,no Polidedeportivo Municipal, as 21.00 h.

viernes, 26 de septiembre de 2008

CIRCUITO GALEGO DE BODYBOARD


O pasado 13 e14 de Setembro celebrouse na praia do Faro de Lariño(Carnota) a 2ª proba do circuito galego de Bodyboard.Esta vez elixiuse esta praia pola enorme calidade das suas ondas.E non defraudou, con 1 metro de ondas e vento terral do nordeste sucederonse os tubos en tódalas mangas, dende as eliminatorias ata a final, facendo as delicias dos participantes e do público asistente.Ata alí desprazouse o equipo de bodyboard do Area Longa Surf Club de Noia , composto por Rubén Viñas,Nicolás Nieto, Humberto Sanlés, Jorge Miniño(BIG) e Curty Mariño, todos eles bos coñecedores da onda polo que as espectativas eran grandes. Pero desta volta ningún deles conseguiu chegar ata a final , quedando todos eliminados en cuartos de final.Aínda así sumaron uns bos puntos. agardamos que na próxima cita teñan mellor sorte.

martes, 16 de septiembre de 2008

CTO GALEGO SUB 21 TAEKWONDO


Pablo Carou disputará este próximo fin de semana o Cto. Galego Sub-21 en Sada, valedeiro para a clasificación para o Cto. de España que este ano se celebrará en Pontevedra.As sensacións son moi boas, xa que leva preparándose para o cto. dende Agosto e está, esta derradeira semana, afinando ó máximo. Sorte

lunes, 15 de septiembre de 2008

CTO GALEGO CADETE TAEKWONDO


O próximo 27 de Setembro celébrase en Noia , no Pavillón Municipal de Noia o Cto. galego Cadete 2008. A organización corre a cargo do Club Escola de Taekwondo Maniotas de Noia e conta co patrocinio de Noia Histórica e a colaboración do Excmo Concello de Noia e a Federación Galega de Taekwondo.Estades tod@s convidad@s e agardamos vervos alí para apoiar o equipo noiés.

viernes, 12 de septiembre de 2008

ENCONTRO PARA O FIN DE SEMANA


Este fin de semana temos o 1º encontro do Noia Fútbol Sala na 1ª Nacional, Grupo A. Será o sábado 13 ás 18.00 horas no Polideportivo Municipal de Noia ante o Mera FS. Moita sorte na nova categoría rapaces.

miércoles, 3 de septiembre de 2008

CTO. GALEGO DE SURF E BODYBOARD


CTO. GALEGO DE SURF E BODYBOARD “CAIXA GALICIA”
Praia de Soesto (Laxe),29,30 e 31 de Agosto.
O pasado fin de semana o equipo de Surf e Bodyboard do Club Area Longa de Noia desprazouse ata a praia de Soesto en Laxe para disputar o Campionato Galego de Surf e Body .
Na modalidade de Body , 4 foron os deportistas que acadaron as semifinais, Nicolás Nieto(Campión galego 2007),Rubén Viñas, Humberto Sanles y Jorge minino(“Big”).Nesta modalidade hai que destacar tamén a actuación de Curty Mariño que quedou en cuartos e que viña de proclamarse subcampeón na proba Galiza Sport Zone de Doniños(Ferrol) o pasado 19 e 20 de Xullo e que desta volta non puido chegar á final. Destacar tamén o debut do infantil Samuel Martínez que aínda que cae una 1ª rolda apunta moi boas maneiras.
Na modalidade de surf , foi Quique Ramos o que nos daría unha gran alegría meténdose na final , logo de facer unha actuación sobresaínte na semifinal con maniobras fortes e radicais nas ondas que colleu. Pero xa na final non tería sorte na elección das ondas e só puido coller unha boa o que lle daría a 4ª posición no podio. Aínda así non está nada mal xa que os outros tres finalistas eran os máis punteiros de Galicia.
Por último destacar o grande éxito , un ano máis dos cursiños de surf e body que imparte o club Area Longa ó longo de todo o verán. Ó redor de 100 persoas de tódolos puntos da xeografía galega ,española e europea.Os cursiños rematan o 15 de Setembro pero voltarán o ano próximo , así que nos deixedes escapar a oportunidade.Felicitacións para o monitor Juan Rodríguez pola boa labor que está a facer.
Próximamente terá lugar o Campionato Local da Barbanza 2008 , proba que organiza o clube anualmente e que está pendente de data.