miércoles, 26 de noviembre de 2008

FOTOS PARA O RECORDO





Xa choveo. É unha foto dun equipo de fútbol sala local que posou antes de xogar un encontro da liga infantil local.

No Tino xogaban moitos do Noia Hockei Club que demostraban nestos torneos que non só patinando eran bos.

O MANIOTAS-NOIAHISTÓRICA DE TAEKWONDO ACADOU O 2º POSTO NA CATEGORÍA INFANTIL MASCULINA E 3º NA FEMININA CON UN TOTAL DE 17 MEDALLAS NO XI INTERNACIONAL CIDADE DE RIVEIRA. Con un total de 400 deportistas pertencentes a uns 25 clubes (Galicia, País vasco , Portugal, Canarias), celebrouse o pasado sábado 22 de Novembro no pavillón da Fieiteira o Xi Cidade de riveira. Ata alí desprazáronse 26 deportistas do club Maniotas-Noia Histórica para, durante toda a xornada do sábado disputar este evento.Un total de 17 medallas e o 2º posto en masculino infantil e o 3º en feminino infantil foi o botín do equipo noiés.Os medallistas foron: Infantil masculino, ouro para Álvaro garcía e Abraham rial. Prata para Agustín carou e Mario Brenlla e Bronce para alberto Verea e adrián Míguez.En infantil feminino os ouros foron para Lucía Trillo Cienfuegos e Ana Pazos e bronce para Tania Villaverde.Os cadetes quedaron da seguinte maneira: Ouro para Jorge Toucedo e bronces para Iván Brenlla, Adrián Sánchez e Alejandro Ageitos. En canto as féminas o resultado foi bronce para Silvia Pombo e Alicia Lojo. En canto a xornada da tarde, onde se disputaba a categoría xunior, os dous representantes noises consegurían sendas preseas, a prata foi para Javier Siso e o Bronce para Jonathan Pombo que saía como menbro da selección galega, e que fixo unha semifinal moi reñida co representante de Portugal, no que o marcador remataría 9-8 a favor do portugués. Jonathan Pombo disputará a preselección para o cto. de españa o vindeiro sábado 29 na Centro de Tecnificación de Pontevedra. Pero o prato forte viría logo ca celebración da copa da Liga Nacional, onde Pablo carou se mediría ó representante de Madrid e ó que venceu por un axustado 11-10. Pablo disputou un apaixoante combate onde se sucedían as accións e os puntos por ambas partes. Pero Pablo logrou manter a calma e agardar o seu momento e cunha anticipación de técnica á cara que lle daba 2 puntos, logrou poñerse por diante no marcador. Pablo viña de disputar o Open de cores no que non tivera moita sorte ó perder en cuartos de final co representante indonesio, e este triunfo perto da casa , súpolle a gloria.En canto ós cadetes que disputaron o nacional o pasado 15 e 16 de Novembro, Iago Formoso e Tania Gorgal, non tiveron sorte e caeron na 1ª rolda.Pesoulles s sua 1ª actuación nun nacional. Só Iago formoso estivo a piques de gañar pero un erro á falta de 3 segundos do remate puxo por diante ó madrileño que gañaría o combate.

sábado, 22 de noviembre de 2008

TAEKWONDO


26 deportista do club Maniotas-Noia Histórica desprazaranse este Sábado ata Riveira para disputar o XI Cto. Cidade de Riveira. Esta vez o torneo será nas categorías infantil, cadete e xunior.En infantil partirán de Noia 3 rapazas e 13 rapaces, en cadete serán 3 rapazas e 5 rapaces e en xunior serán só 2 deportista masculinos. Tamén está convocado para este evento Jonathan Pombo en categoría Xunior ca Selección Galega, cto. que será preparatorio para o cto. de España.E por último será Pablo Carou o que pola tarde e en categoría senior disputará a 1ª proba da Liga Nacional de Taekwondo , que este ano comenza en Riveira. Os horarios serán: mañán de 10 a 14h cadetes e infantís, e pola tarde de 16 a 20h Xuniors e Liga Nacional.

CARREIRA POPULAR DE SAN MARTIÑO - OURENSE


O ATLETA NOIES SERGIO FERNÁNDEZ BLANCO SEGUNDO NA 32 EDICION CARREIRA POPULAR DE SAN MARTIÑO - OURENSE


A San Martiño ourensá foi máis popular que nunca a mañá ourensá presentouse fría, con algo de néboa á primeira hora, pero a temperatura foi subindo e foron Case tres mil atletas na competición de menores ( 2.778) escolares en acción recorrendo unha distancia de 4200 metrose onde o Atleta do Club Atletismo Noia Sergio Fernández Blanco acadou o segundo posto na categoria Alevin cun tempo de 16.51 e Jairo Fariña Mallón o posto 9 intervindo 18.43 minutos

lunes, 10 de noviembre de 2008

UN CAMPIÓN NOIÉS


O taekuondista noiés Jonathan Pombo do Maniotas-Noia Histórica proclamouse campión galego Xunior (en -de 48 Kg) o pasado Sábado en Sada.Logo se superar unha durísima semifinal co representante de Riveira enfrentaríase na final co taekuondista de Vigo que o elimirara no Cadete de Noia. Pero desta volta tomouse a revancha e gañoulle na final por 4 puntos de diferencia.Agora terá que volver a loitar con él na preselección para o campionato de España pero ca gran diferencia de que Jonathan é o actual campión . O resto do equipo tivo unha boa actuación xa que para todos eles era a primeira vez que disputaban un Xunior, sendo todos eles cadetes aínda.Con un total de 5 medallas,o ouro de Jonathan e 4 bronces que foron para Javier Siso, Alex Ageitos,Iago formoso e Ainara Louro o equipo Maniotas-Noia Histórica tivo máis que decente estreo na categoría Xunior. Por outra banda os cadetes Iago Formoso e Tania Gorgal desprazaránse ca Selección Galega a Alicante para disputar o campionato De España o vindeiro fin de semana.

lunes, 3 de noviembre de 2008

DÍA DO PEÓN


o próximo 11 de novembro, ás 12 da mañá, na praza do Tapal, acolleremos o acto central do Día do Peón. contaremos con diversas actividades para celebrar o San Martiño e esperamos que tod@s aquel@s que vos poidades achegar, veñades a celebralo connosco.