martes, 19 de mayo de 2009

TAEKWONDO


Excelente resultado de Maniotas-Noia Histórica na IV Copa Cidade da Coruña.
O pasado 16 de Maio celebrouse no Frontón Municipal de Riazor a IV Copa Cidade da Coruña.O campionato disputouse nas categorías infantil e cadete.Un campionato que busca a promoción e a rodaxe dos deportistas de cara ás citas oficiais, e que cada ano conta con máis inscritos.
Cunha participación de 20 clubes de toda Galicia e máis de 250 deportistas,o combinado do Maniotas-Noia Histórica logrou a 6ª posición por equipos colgándose un total de 11 medallas, dos 17 deportistas que acudiron á cita.
 
Os medallistas foron: Ouros Para: Álvaro García, Julián Molinos, Mario Brenlla (leva 3 anos consecutivos colgándose o ouro no seu peso) e Alberto Verea.
Prata para Abraham Rial 
E bronce para: José Vidal,Héctor Martínez, Agustín Carou e Javier Martínez na categoría masculina.E para Tania Villaverde e Lucía Trillo na categoría feminina.

lunes, 18 de mayo de 2009

FASE DE ASCENSO A LIGA EBA ´09


Federación Galega de Baloncesto, coa colaboración do Excmo concello de Noia, a concellería de Deportes,e o Clube Baloncesto Noia organizará no Pavillón Municipal  aFase de Ascenso a Liga EBA 2009 (fase final primeira nacional masculina)ós dias 22,23 e 24 de Maio

Deste xeito, os catro equipos clasificados para loitar polo ascenso a EBA nesta fase,serán:Ferrol C.B., Ferroplast Básquet Coruña Hierros Diego( A Estrada) e Óptica Val Obradoiro(Santiago de Compostela).O campión conseguirá unha praza de ascenso directo a liga EBA,mentras que o segundo clasificado clasificarase para un play off de ascenso ,contra equipos doutras autonomias.

Venres 22 de Maio
18.00 hrs.   HIERROS DIEGO - FERROL C.B.                  
20.00 hrs.   ÓPTICA VAL OBRADOIRO - FERROPLAST BÁSQUET CORUÑA

Sábado 23 Maio
18.00 hrs.   ÓPTICA VAL OBRADOIRO - FERROL C.B.  
20.00 hrs.   FERROPLAST BÁSQUET CORUÑA - HIERROS DIEGO S.L.

Domingo 24 Maio
10.30 hrs.  HIERROS DIEGO S.L. - ÓPTICA VAL OBRADOIRO 
12.30 hrs.  FERROL C.B. - FERROPLAST BÁSQUET CORUÑA

 

AEROBIC


Este sábado 16 de maio celebrouse no ximnasio adyacente ao Pabellón Alonso Rodríguez de Noia unha sesión do MASTERTOUR BRASILSUL, organizado por DEPORTES HERMIDAe o XIMNASIO TRÓCOLA, e patrocinado pola marca de roupa deportiva brasileña BRASILSUL.

Entre as 12 e 14 hora tiveron lugar unha sesión de tonificación e outra de step, e ao rematar repartíronse entre as participantes diverso material deportivo e vales de compra aportados pola marca BRASILSUL e Deportes Hermida.

Esta xornada tivo como obxectivo fomentar a práctica deportiva, destacando o bo ambente existente entre os participantes, aos que queremos agradecer a súa presencia.

En datas vindeiras terán lugar mais actividades deportivas, das que vos iremos informando.
 

jueves, 7 de mayo de 2009

MASTER TOUR 2009 BRASILSUL


Deportes Hermida e Ximnasio Trócola, coa colaboración da marca de ropa deportiva Brasileña BRASILSUL, vai celebrar unha mañá adicada a coidar ó corpo, dentro do MASTER TOUR 2009 BRASILSUL, unha iniciativa que promueve a práctica do fitness e o deporte.

O sábado 16 de maio, entre as 12 e as 14 horas, daránse dúas clases de step e tonificación no Pabellón Polideportivo ALONSO RODRÍGUEZ de Noia, de balde.

Os participantes van a entrar no sorteo de moitos agasallos da marca de roupa deportiva BRASILSUL e bonos de compra en Deportes Hermida.

BRASILSUL é a marca líder en roupa fitness en Brasil. A marca surxe da man da estilista Heloise Segall a primeiros dos oitenta e dende estón sempre destaco u polas súas coleccións innovadoras e orixinais. 

Brasilsul nace para dar resposta a unha nova muller: a muller activa e exixente en canto ao deseño estético. O esforzo do seu equipo creativo por acadar sempre modelaxes que realcen a figura femenina, con deseños distintos e con confort e calidade tivo o seu premio no alto grado de satisfacción dos seus clientes.

Brasilsul fai moda deportiva para a muller activa. Moda para ser usada, sudada, pero sempre moda e este é o espíritu da empresa. 

A expansión internacional de Brasilsul é imparable e en 10 anos conta y con 8 tendas propias fora de Brasil e presencia en mai de corenta países.
 
A inscripción é gratuita e realizaráse no Ximnasio Trócola de Noia ou en calquera das tendas de Deportes Hermida en Noia.

lunes, 4 de mayo de 2009

TAEKWONDO


O vindeiro fin de semana  8-9 de Maio o club Maniotas-Noia Histórica estará loitando en 2 frentes. Por un lado serán os xuniors  Jonathan Pombo e Iago Formoso que se desplazarán a Bilbao coa selección galega para disputar este Open, e por outro serán Pablo Carou e Chema salanova os que na categoría senior disputarán o Cto. Galego de Técnica en Monforte de Lemos buscando unha praza para o nacional de Técnica. Sorte a todos.