viernes, 27 de noviembre de 2009

TAEKWONDO

Este vindeiro fin de semana celébrase en Vilagarcía o Cto. galego Xunior de Taekwondo ó que acudiran 7 efectivos do Club Escola Maniotas de NOia.
3 rapazas Ainara Louro, Tania Gorgal e Alicia Lojo e 4 rapaces Jonathan Pombo (vixente campión da categoría en -45kg), Iago Formoso , Adrián Sánchez e Iván Brenlla.
As espectativas son boas xa que tanto Alicia Lojo(-42kg), Iago formoso(-45kg) e jonathan Pombo(-55kg) teñen, sobre o papel posibilidades de colgarse medalla o resto do equipo pode dar sorpresas xa que é a primeira vez que debutan na categoria.De todos os xeitos o nivel de Taekwondo na nosa comunidade é moi alto o que suporá que calquera medalla que se consiga vai costar gañala.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

SURF


Cando o temporal arrecia,a flota pesqueira queda amarrada por alerta roxa no mar, os surfistas da comarca frotan as mans porque auguran boas ondas. E así foi esta finde semana cando toda Galicia estaba en alerta por temporal e ventos de ata 140 km/h o sábado dábanse cita nunha praia da costa sonense orredor dun cento de surfistas chegados de toda a comarca e de toda Galicia.Porque estas condicións son as necesarias para que unha xoia do surf amose o seu explendor e faga as delicias dos afeicioados.
Ondas de un metro e medio estiveron a romper ó longo do sábado o que supuxo que houbera surf todo o dia ata agotar as forzas.
Deste xeito o que para a maioría é motivo de quedar na casa para outros é unha felicidade.