miércoles, 15 de julio de 2009

CAMPUS DE BALONCESTO


Últimos días para apuntarse o campus do Clube baloncesto Noia que celebra entre o 20 e o 25 de xullo a cuarta edición.O prazo de inscrición remata este mercóres,pero en caso de non chegar o cupo de 50 nenos ,ampriase ata este venres,día 17.A actividade vai dirixido a nenas e nenos de entre 9 e 16 anos,que desexen mellorar a súas habilidades ou mesmo aqueles que teñan a intención de iniciarse na práctica do Baloncesto.

Horario
As xornadas de traballo, que terán lugar no Pavillón Alonso Rodríguez, distribuiranse en horario de 10.30 h a 13.30 h. Repartirase axeitadamente o tempo entre os diferentes adestramentos planificados e actividades de carácter máis lúdico.

Concursos e competicións
O programa de traballo incluirá tamén numerosas actividades, concursos e competicións. Así mesmo, e como gran atractivo deste campus, cada día contarase coa presenza e colaboración de convidados especiais, entre os que destaca Jose Ángel Antelo Paredes, que está preto de firmar polo Alta Gestión Fuenlabrada de liga ACB.

Información completa
O C.B.Noia pon tanto na súa web oficial(www.cbnoia.com) como no seu blog(www.campuscbnoia.blogspot.com) adicado en especial ao seu IV Campus de Baloncesto Base toda a información completa relativa a inscrición no campus e ao seu completodesenvolvemento.Así mesmo tamén se poderá recoller os dítpticos de inscirición en calquera dos pavillóns da localidade.


martes, 7 de julio de 2009


1ª Proba Circuito Galego de Bodyboard. Rio Sieira ( Porto do Son)

O pasado fin de semana(4-5 )celebrábase na sonense praia de Rio Sieira a 1ª proba de Bodyboard do circuito galego 2009.

As 10 da mañan daban comenzo as mangas de oitavos de final con 5 deportistas do club organizador Area Longa Surf Club de Noia, Nicolás Nieto, Humberto Sanlés, Hipólito Mariño, Pablo Aguado e o junior Samuel Martínez.

As 1ª mangas da mañan disputaronse con condicións mínimas do mar, pero ó longo do día foron mellorando, sobor de todo á tarde cando a marea empezou a baixar e unha pequena marexada comezou a entrar, subindo as ondas ata o medio metro. O que propiciou un bo espectáculo para a final, vendose maniobras espectaculares a cargo de Nicolás Nieto do Area Longa.

A pesar de que algúns competidores mostraron o seu desacordo por continuala proba, a organización e a Federación galega acertaron de cheo ó continúala , xa que para o dia seguinte entrou un temporal de vento Oeste que impedia a boa práctica do bodyboard.

En canto ós deportistas locais, o resultado non pudo ser mellor xaque Nicolás Nieto (Area Longa Surf Club) proclamouse campión, realizando unha final impresionante, demostrando a todo o mundo que as condicións eran óptimas, maniobras como rolos, aereos e ARS certificaron a sua calidade.

O resto do equipo tivo unha discreta actuación aínda que chegaron ata cuartos de final

jueves, 2 de julio de 2009

O tempo en Testal


Probabilidade de choiva o venres 3 de xullo.
Non hai problema ... haberá a primeira sesión do curso de iniciación de remo e a xornada de vida saudable.
Non o dubides, pásate por Testal e participa. NON CHE COSTARÁ NADA.

miércoles, 1 de julio de 2009

Oferta deportiva do Concello de Noia


Tras a presentación do programa de actividades deportivas para a Praia de Testal, a concellaría de deportes do Concello de Noia fai pública a programación estival con actividades destinadas a rapaces a desenvolver no Polideportivo Municipal durante as mañáns de xullo e agosto.

Novamente dende esta concellaría apóstase pola gratuidade da oferta que segundo afirma a concelleira delegada, Alicia Pombo, obedece a razóns de solidariedade coas familias do Concello, “o esforzo que vai realizar a miña concellaría é importante aínda que axustado, pero nestes momentos de crisis é importante axudar aos nosos cidadáns permitindo que os cativos fagan deporte sen verse limitados polos cartos”.

Entre as actividades ofertadas atopamos dende psicomotricidade para os máis pequenos (0 a 6 anos), taekwondo infantil, obradoiros de manualidades deportivas e unha grande diversidade de deportes en sesións monográficas, onde destaca a colaboración desinteresada dos principais clubes deportivos do concello.
Lémbrase a tódolos usuarios que para que os cativos participen será necesario facer unha preinscripción nas dependencias do polideportivo municipal de luns a venres (de 18.00 a 22.00 horas).