lunes, 18 de mayo de 2009

AEROBIC


Este sábado 16 de maio celebrouse no ximnasio adyacente ao Pabellón Alonso Rodríguez de Noia unha sesión do MASTERTOUR BRASILSUL, organizado por DEPORTES HERMIDAe o XIMNASIO TRÓCOLA, e patrocinado pola marca de roupa deportiva brasileña BRASILSUL.

Entre as 12 e 14 hora tiveron lugar unha sesión de tonificación e outra de step, e ao rematar repartíronse entre as participantes diverso material deportivo e vales de compra aportados pola marca BRASILSUL e Deportes Hermida.

Esta xornada tivo como obxectivo fomentar a práctica deportiva, destacando o bo ambente existente entre os participantes, aos que queremos agradecer a súa presencia.

En datas vindeiras terán lugar mais actividades deportivas, das que vos iremos informando.
 

No hay comentarios: