jueves, 23 de abril de 2009

TAEKWONDO


O martes pola tarde regresaba Pablo Carou da sua estancia e participación no Open "Idolos Mundiais de México".Foron 15 dias de duros adestramentos cos taekwondistas mellores do mundo, campións mundiais e campións olímpicos, que se deron cita nese Open de México que viña precedido de 2 semanas de seminarios técnicos e adestramentos ó máis alto nivel.O fin de semana do 11 e 12 de abril desenrolouse a competición na que Pablo Carou lograría chegar ata cuartos de final logo de superar duros combates cos representantes de México e República Dominicana. Pero sería na ronda de cuartos de final onde caería contra o representante de Colombia por un axustado 8-7.Outra vez se quedou ás portas de medalla, pero con unha satisfacción moi grande que foi a de poder competir contra os mellores do mundo.Por outra banda, salientar que o vindeiro 25 e 26 de abril desprazaráse ata Alicante coa Selección Galega para disputar o Open de España.Proba que este ano ten a cualificación de Clase"A", valedeira para o ranking mundial.Por último sinalar que os dous xuniors do Maniotas-Noia Histórica Jonathan Pombo e Iago Formoso disputarán o Open de Bilbao o vindeiro 8 de Maio.

No hay comentarios: