martes, 30 de junio de 2009

TAEKWONDO


Gran éxito na IV edición do Cto. Infantil de exhibicións organizado pola Escola de taekwondo Maniotas de Noia, na que se xuntaron ó redor de 120 rapaz@s en categoría infantil.As exhibicións d@s cativ@s levantaron numerosos aplausos do público que encheu as bancadas do Alonso Rodríguez, o pasado sábado 27 de Xuño.Ademáis de taekwondo houbo varios números de aeróbic infantil e baile así como tamén unha actuación dos alumnos do Stand de Noia que puxeron as bancadas en pé.O resultado foi:1º Equipo Maniotas - Noia Histórica2º Maniotas feminino3º Anpa CP Rio Tines da Serra Dende o club queremos agradecer o apoio prestado tanto ó noso patrocinador Noia Histórica como ó concello de Noia pola sua colaboración sempre disposta. Por outra banda, sinalar tamén que catro cadetes do Maniotas-Noia Histórica están participando no campamento de verán Ídolos Mundiais de Taekwondo que se celebra en Oleiros(Riveira) organizado polo club Natural Sport e que congrega ós mellores deportistas nacionais e mundiais así como medallistas olímpicos da nosa disciplina.Estarán no campamento dende o 29 de Xuño ata o 7 de Xullo.

No hay comentarios: