lunes, 28 de septiembre de 2009

CAMPIÓN DE ESPAÑA

O noiés do Maniotas Noia-Histórica,Pablo Carou, por fin acadou o tan ansiado ouro nun nacioal.Logo dunha tempada moi boa pero resistíndose a medalla nos nacionais, quedando sempre ás portas.Logrou o ouro despios de superar en cuartos ó catalán, en semis ó representante de Madrid e xa na final ó outro catalán que indo Pablo gañando todo o combate por diferencia de 5 puntos, no último asalto o catalán non llo puxo nada fácial chegando a empatar e poñéndose logo Pablo un punto por arriba de novo, diferencia que aguantaría ata o final e que lle daría á victoria,quedando o marcador 12-11.

Este ouro dalle a Pablo a posibilidade de acudir ó europeo sub-21 que se celebrará en Vigo a finais de Novembro, pero terá que disputala praza co representante de Canarias que non puido acudir ó nacional por estar adestrando ca selección nacional para preparar o mundial.

No hay comentarios: