martes, 16 de diciembre de 2008

MESAS REDONDAS SOBRE O IMPACTO DA FUTURA LEI DAS PROFESIÓNS DO DEPORTE EN GALICIA

O COLEF Galicia en colaboración coa Dirección Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego desenvolven unha nova actividade formativa encamiñada a mellorar o Deporte Galego a todos os niveis, cunha proposta de 6 mesas redondas a realizar na xeografía galega destinadas a analizar e debater o "Impacto da lei das profesións do deporte en Galicia" coa intención de satisfacer as necesidades básicas de información e formación dos profesionais do deporte en materia de regulación laboral. O encargado de impartir as mesmas será Vicente Gambau i Pinasa Profesor da Universidade da Coruña e presidente do Colef- Galicia.
HORARIO DAS MESAS: De 19.00 a 21.30 h, nas seguintes localidades:
Ourense (Servizo de Deportes, Avda. Da Habana 79, 4º) 20/11/2008
Lugo (Edificio Multiusos, Ronda da Muralla, 70 - 1º) 21/11/2008
A Coruña (Fac. de CC. da Educación Física e o Deporte, Oleiros) 11/12/2008
Santiago (Estadio Multiusos San Lázaro, Porta 4) 12/12/2008
Pontevedra (Centro G. Tec. Deportiva, Padre Fernando Olmedo, 3) 15/01/2009
Vigo (Casa do Deporte, r/ Luis Ksado 17) 16/01/2009

Esta lei xa aprobada en Cataluña ten por obxectivo poñer en orden o Deporte en base a regulación profesional de xestores, técnicos, monitores....
Asemesmo analizarase as perspectivas da mesma en canto a protección do usuario deportista, en especial no tocante a súa saúde.
A asistencia será libre de balde, e solicitada con dous días de antelación expedirase un certificado de asistencia. Formas de inscripción:

Tfno: 981 552 770
Fax: 981 575 409
http://correo2.telefonica.net/cp/ps/Mail/IMsgDetailsShort?d=telefonica.net&u=jlibo&t=d86d2#

No hay comentarios: