lunes, 27 de octubre de 2008

AXUDAS EQUIPOS FEMININOS

Publícase no DOG a orde de concesión de subvencións para axuda aos equipos femininos de categoría xuvenil ou similar
O Diario Oficial de Galicia publica a orde do 16 de outubro pola que se regula o réxime de concesión de subvencións a clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro de Galicia para axuda a equipos femininos de categoría xuvenil ou similar para a temporada 2008-09. Mais información en wwwdeportegalego.eu

Curso de Adestrador de Nivel I: Bloque Común

A Escola Galega do Deporte convoca esta 2ª edición do "Curso de Adestrador de Nivel I: Bloque Común", tralo éxito de participación nos cursos realizados no mes de xuño na Coruña, Pontevedra e Vigo.O curso desenvolverase os días 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de novembro (os venres pola tarde e os sábado todo o día), en Santiago de Compostela.O prazo para inscribirse remata o día 10 de novembro ás 14:00 horas. Mais información na páxina wwwdeportegalego.eu

lunes, 20 de octubre de 2008

TAEKOWNDO


Tania Gorgal Taekuondista do Maniotas-Noia Histórica acompañará finalmente ó tamén noiés Iago Formoso no Cto. de España Cadete que se celebrará o 15 e 16 de Novembro en Alicante.Tania voltoulle a gañar á que fora ouro en Noia por un contundente 4-0, o que despexou calquera dúbida para sua participación no nacional por autonomías. Por outra banda , o próximo Domingo 26 de Outubro o equipo Maniotas-Noia Histórica de exhibición desprazaráse ata Moaña para disputar o Cto. Galego de Técnica e Exhibicións Infantil e Cadete.

miércoles, 15 de octubre de 2008

TAEKWONDO: CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 21

O Pasado fin de semana celebrouse en Málaga o Campionato de España sub-21, Pablo Carou desprazouse ata alí ca Selección Galega para disputar o torneo. Mala actuación do noiés que quedou eliminado en octavos de final contra o representante de Canarias.Dias antes da sua marcha Carou comentaba que non se atopaba moi ben anímicamente, pero que trataría de meterse en situación e coller sensacións unha vez estivera alí. Pero non puido ser, o alto nivel é moi esixente. Por outra banda, a Federación Galega de Taekwondo convocou a Pablo un ano máis para unha xira por Corea, onde adestrarán nas mellores universidades e onde, este ano disputarán un campionato. Felicidades Pablo! En canto á categoría cadete, dicir que este fin de semana fixeron a preselección para o Campionato de España os medallistas de autonómico que se celebrou en Noia. E a boa noticia é que xa temos un clasificado para disputar o nacional ( Iago Formoso) e moitas posibilidades de que Tania Gorgal esté dentro tamén, aínda que haberá que esperar ata o próximo sábado para aclarar ás dúbidas na derradeira preselección.

domingo, 12 de octubre de 2008

LIGA GALEGA INFANTIL FEMENINA


É a primeira vez que unhas rapazas de Noia xogan a liga Galega infantil de voleibol, onde os mellores equipos da comunicade xogan polo título autonómico e polas dúas prazas que dan dereito a participar no campionato de España. Este sábado xogaron o 1º encontro ante unhas das candidatas o título: o Turismo de Vigo, e perderon por 1-3.

Esperamos que teñan mais sorte no resto de partidos.

miércoles, 1 de octubre de 2008

AUTONÓMICO CADETE TAEKWONDO


O Maniotas-Noia Histórica de Taekwondo 3º na clasificación masculino no autonómico cadete de combate celebrado no Pavillón municipal de Noia o Sábado 27 de Setembro. O campionato reuniu a 132 deportistas de toda Galicia, 77 rapaces e 55 rapazas.O equipo noiés acadou 7 medallas de 8 posibles, 1 ouro( Iago Formoso),3 pratas(Tania Gorgal,Alicia Lojo e Iván Brenlla) e 3 bronces( Silvia Pombo, Adrián Sánchez e Jonathan Pombo).Deste xeito o clube coloca ós sete deportistas na preselección para o campionato de España. Nunca antes o clube Maniotas tivera a un grupo tan numeroso disputando a preselección.De todos xeitos aínda nada está feito, veremos o vindeiro fin de semana 11 e 12 de Outubro cantos deles se clasifican para o campionato de España aínda que será moi dificil as espectativas realistas son de clasificar a 2, Iago Formoso e Tania Gorgal.En canto ó campionato, dicir que foi un rotundo éxito de organización xa que con tan numerosa participación o evento desenrolouse no tempo previsto e sin problema algún.dende o clube Maniotas de Taekwondo queremos agradecer a colaboración de tódalas persoas e entidades pola sua axuda.por outra banda, dicir que Pablo Carou disputará o campionato de España sub-21 que se celebrará en Málaga o 11 e 12 de Outubro.