domingo, 13 de diciembre de 2009

TAEKWONDO

Hoxe parten para Cartaxena 4 deportistas do Club de Taekwondo Maniotas de Noia o senior Pablo Carou, o xunior Iván Brenlla e os cadetes Jonathan Pombo e Iago Formoso para disputar o campionato de España de clubs que se celebra nesta localidade os dias 11, 12 e 13 de Decembro.
Faranno viaxando co club Natural de Riviera e baixo ás órdenes Juan Luis Martínez co obxetivo(os xunior e cadetes) de coller experiencia en citas nacionais e así continuar ca progresión lóxica de mellora.
O único debutante en un nacional é Iván Brenlla polo que agardamos que lle aporte un novo vagaxe que aínda non posue.
A cita reunirá a meirande parte dos clubes nacionais así como tamén seleccións autonómicas.
O campionato disputase en tódalas modalidades,combate(cadete, xunior e senior), pumse e exibición.Así como tamén se realizará o II Cto de España de Hapkido..
Por outra banda, despois dunha discreta actuación de Pablo Carou no Open de Paris no que non logrou pasar das rondas eliminatorias, este fin de semana afronta tamén o Cto de España de Clubs, para o vindeiro fin de semana pegarse no autonómico Absoluto no que é o actual campión de -54kg.
Logo desta cita Pablo marchará para Turquía onde estará de xira coa selección galega entrenando cos mellores deportistas dese país no que se celebra unha liga profesional e o que acaba de proclamarse campión de Europa Sub-21 en Vigo. A xira será dende o 4 ata o 14 de Xaneiro de 2010.