miércoles, 17 de diciembre de 2008

SAN SILVESTRE


Un ano mais o Concello de Noia, e o Club Atletismo Noia, invitan o todos os ciudadáns de Noia e Comarcas a despedir o ano de unha forma deportiva, que non é outra que participar na San Silvestre. O encontro deportivo maís importante que se celebra cada 31 de decembro nesta Vila, e que pretende superar os 250 corredores do ano pasado. afianzándose como todo un clásico que serve para reunirse cos amigos, familiares, e depedir o ano da mellor e mais sana maneira posible: Facendo deporte. Devido o carácter festivo desta proba non habera categorías otorgándose trofeo o primeiro home e a primeira muller. A carreira que disputaráse nun circuito de 3.200mts, polo paseo maritimo e o casco vello de Noia, con saida e chegada na Alameda. A proba iniciarase ás 17.00 horas do próximo Mércores 31 de Decembro, e obsequiase a todo participante cunha camiseta conmemorativa. Tamén contaremos o finalizar a proba cunha pequena festa para despedir o ano. As inscricións poderanse facer no correo electrónico info@clubatletismonoia.org , cubrindo o formulario seguinte, e hasta unha hora antes da proba na linea de saida,

martes, 16 de diciembre de 2008

MESAS REDONDAS SOBRE O IMPACTO DA FUTURA LEI DAS PROFESIÓNS DO DEPORTE EN GALICIA

O COLEF Galicia en colaboración coa Dirección Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego desenvolven unha nova actividade formativa encamiñada a mellorar o Deporte Galego a todos os niveis, cunha proposta de 6 mesas redondas a realizar na xeografía galega destinadas a analizar e debater o "Impacto da lei das profesións do deporte en Galicia" coa intención de satisfacer as necesidades básicas de información e formación dos profesionais do deporte en materia de regulación laboral. O encargado de impartir as mesmas será Vicente Gambau i Pinasa Profesor da Universidade da Coruña e presidente do Colef- Galicia.
HORARIO DAS MESAS: De 19.00 a 21.30 h, nas seguintes localidades:
Ourense (Servizo de Deportes, Avda. Da Habana 79, 4º) 20/11/2008
Lugo (Edificio Multiusos, Ronda da Muralla, 70 - 1º) 21/11/2008
A Coruña (Fac. de CC. da Educación Física e o Deporte, Oleiros) 11/12/2008
Santiago (Estadio Multiusos San Lázaro, Porta 4) 12/12/2008
Pontevedra (Centro G. Tec. Deportiva, Padre Fernando Olmedo, 3) 15/01/2009
Vigo (Casa do Deporte, r/ Luis Ksado 17) 16/01/2009

Esta lei xa aprobada en Cataluña ten por obxectivo poñer en orden o Deporte en base a regulación profesional de xestores, técnicos, monitores....
Asemesmo analizarase as perspectivas da mesma en canto a protección do usuario deportista, en especial no tocante a súa saúde.
A asistencia será libre de balde, e solicitada con dous días de antelación expedirase un certificado de asistencia. Formas de inscripción:

Tfno: 981 552 770
Fax: 981 575 409
http://correo2.telefonica.net/cp/ps/Mail/IMsgDetailsShort?d=telefonica.net&u=jlibo&t=d86d2#

FUTBOL PRAIA INDOOR


O vindeiros días 19, 20 e 21 de decembro no Multiusos Fontes do Sar (Santiago
de Compostela) celebraráse o CAMPIONATO GALEGO DE FÚTBOL PRAIA INDOOR,
unha magnífi ca oportunidade para amosar todas as habilidades adquiridas durante
o verán na praia cos amigos, e que adormecen durante o inverno. O recinto santiagués
encherase de area e traerache a praia a Compostela para que te divirtas cos teus, para
que coñezas aos outros: para que compitas.
Amais, se participas e amosas ser un dos mellores do torneo, ti podes ser un dos elexidos
para xogar coa selección Galega no partido Internacional que se celebrará o último
día do Campionato ás 13:00 hrs.
Apuntarse é o máis sinxelo. Só tes que formar un equipo de doce participantes como
máximo e achergarte ao Multiusos Fontes do Sar para formalizar a vosa inscrición (cota
de inscrición: 100 euros). A qué esperas? Ven a divertirte cos teus amigos no Campionato
Galego de Fútbol Praia Indoor!

Inscricións para o torneo:
Equipos inscritos: Máximo 48
Inscrición: 100€ / equipo
Número de inscritos: Mínimo 7, máximo 12 por equipo.
Idade mínima: 18 anos (cumpridos antes da data
do primeiro partido)
Prazo de inscrición: Ata 3 días antes do comezo do torneo
Dirección para formalizar a matrícula: Multiusos Fontes do Sar
Medio a utilizar: Inscrición in situ
Pago da inscrición: Efectivo
Se precisas máis información chama ao 981 568 160 ou envía un correo a
futbolpraia@multiusos.net.
O regulamento polo cal se rexirá o campionato está constituido polos Estatutos e Regulamentos de FIFA, polas Regras de Xogo do
Fútbol Praia, con lixeiras modifi cacións adaptadas a este torneo.
1

lunes, 15 de diciembre de 2008

TAEKWONDO


O noiés Pablo Carou do club Maniotas proclamouse o pasado fin de semana Campión Galego Absoluto na categoría de -54 Kg .O campionato que se celebrou na pontevedresa Vila de Moaña acolleu a uns 120 deportistas de toda Galicia.Pablo superou as eliminatorias con comodidade e xa na final atopouse de novo co representante de Vilagarcía,co que perdera na final do sub21 o pasado Setembro pero desta volta tomouse a revancha e gañouse con contundencia e claridade por 6-2.Noraboa Campión, Felicidades!

jueves, 11 de diciembre de 2008

XOGADORES DE BALONCESTO QUE DESTACAN


Dous integrantes do CB Noia en categoria infantil participaran este finde semana en diversas actividades da Federacion Galega e Española. Por un lado Antón Bouzán estará presente este fin de semana, 6, 7 e 8 de decembro en Allariz, no "Torneo das Seleccións", no que participará a Seleccións Galega en categoría infantil ,xunto ás seleccións de Euskadi e Asturias e á Selección de Ourense Precadete.
Mentras Joseba Lago , xogador infantil do C.B.Noia será un dos representantes galegos na Concentración Estatal da Operación Altura que a FEB realizará os días 5 e 6 de Decembro na Residencia Club Deportivo Aristos, en Madrid.

lunes, 1 de diciembre de 2008

SELECCIÓN GALEGA


Ánxela Bugallo presenta en Riazor o partido da selección galega contra Chile
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou o partido da selección galega de fútbol contra Chile, que se disputará o próximo día 27 de decembro (20:45 horas) en Riazor, e destacou a consolidación deste proxecto "grazas a incrible resposta do público".

TAEKWONDO


O pasado sábado 22 realizouse no Centro Galego de Tecnificación deportiva de pontevedra a preselección xunior para o Cto. de España 2009.4 deportistas do Maniotas-Noia Histórica, medallistas no pasado autonómico xunior realizaron a mencionada preselección.Javier Siso, Alex Ageitos, Iago Formoso e Jonathan Pombo desprazáronse ata Pontevedra, e o resultado no puido ser mellor, clasificándose o que na actualidade é o Campión Galego Jonathan Pombo.Gañando de novo ó aspirante de Vigo e esta vez cos petos electrónicos cos que disputarán o nacional.No que respetá ó resto , a cousa estaba difícil e só Alex Ageitos logrou pasar o 1º corte.