viernes, 27 de junio de 2008

PABLO NA SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA


Pablo perez Petisco, xogador xuvenil do Noia fs, proclamouse campión de España coa selección galega o pasado mes de maio en Jaca, onde se celebrou o campionato de seleccions autonomicas de fútbol sala. ¡Felicidades Pablo!

jueves, 26 de junio de 2008

CAMPIONATO GALEGO DE VOLEI PRAIA SUB 19


Este sábado na praia de Testal a Federación Galega de Voleibol , coa colaboración do Concello e do Club Voleibol Noia, organiza o Campionato galego sub 19 masculino e feminino. Contamos con parellas de toda a comunidade. De este torneo ten que sair as parellas que representarán a Galicia no Campionato de España, no que somos os actuais campiuóns. O espectáculo está asegurado. O torneo comenzará as 10.00 da mñán e rematará ás 20.00 h. apróx.

PLAN DE VERÁN 08


Xa está na rúa o programa de actividades deportivas Plan de Verán 08. os folletos están no Concello e nos Polideportivos. Para este més de xullo programamos unha ludoteca, un curso de tenis, un taller para fortalecer e mellorar o lombo, patinaxe libre, tai chi e volei praia. Hai actividades gratuitase outras con prezos moi económicos. Non o pensedes tanto e inscribiros, hai para todas as idades.

III CTO. COMARCAL DE EXHIBICIÓN INFANTIL VILA DE NOIA

O próximo Sábado 28 de Xuño celebraráse no pavillón Alonso Rodríguez de Noia o III Cto Comarcal de Exhibicions Infantiles.Ó evento acudirán perto de 100 taekwondistas de toda a comarca. con un total de 10 equipos nos que estarán os alumnos de Ceip Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Roo, os alumnos do Ceip da Serra de Outes,a Escola Municipal de Noia, a Escola Municipal de POrto do Son e varios equipos infantiles do Clube Maniotas.Ademáis das exhibicións haberá 2 coreografías de aeróbic Infantil a cargo das alumnas do Maniotas así como tamén un número de baile e taekwondo a cargo dos alumnos do Cruceiro.Estades tod@s invitad@s a participar nesta Festa do Taekwondo e disfrutar das evolucións dos máis cativos. O evento está organizado polo Club Escola de aekwondo Maniotas de Noia en colabooración co concello de NOia e co patrocinador do clube NOIA HISTORICA Por outra banda , sinalar que o taekwondista cadete Iago Formoso foi convocado pola selección galega para participar nun Stage de competición que se levará a cabo no Centro Galego de tecnificación deportiva de Pontevedra nos dias 30 de Xuño ata o 4 de Xullo.

I CAMPUS DE FÚTBOL SALA


42 niños asistiron o pasado fin de semana á segunda xornada de iniciación. Do 14 ó 18 de xullo, no Polideportivo Municipal de Noia, o Cottón Al. Severo organiza o I CAMPUS DE VERANO NOIA FUTBOL SALA, o que acudiran numerosos invitados entre eles Manuel Barral Otero 'Manu' xogador do Autos Lobelle de Santiago. Para apuntarse hai que pasar polo Polideportivo e pedir a folla de inscrición. tedes de prazo ata o día 10 de xullo. as prazas son limitadas (50).

martes, 24 de junio de 2008

CURSO DE SURF




A partires do dia 15 de Xuño e ata o 15 de Setembro o Area Longa Surf Club de Noia organiza cursos de iniciación e perfeccionamento de surf e bodyboard. As praias nas que se celebrarán serán as de Area Longa (Castro de Baroña) e rio Sieira.Poderás realizar cursos de 1,3 e 5 dias e tamén de fin de semana.A duración será de 2 horas e media diarias, e custo dos cursiños irán en función dos dias que ti queiras.Disporás de material e seguros incluidos nas tarifas.E o profesorado que os impartirá están titulados pola Federación Galega de Surf. Para máis información diríxete a Nanaku Surf en R/ Escultor Ferreiro nº10 ou chamando ó nº 981-824993

martes, 17 de junio de 2008

XORNADAS DE INCIACIÓN Ó FÚTBOL SALA


Este sábado, de 10.30 a 13.30 h. no Polideportivo Municipal, o Pub Cotton Al. Severo organiza a segunas xornadas de iniciación ó futbol sala para nenos/as de 6-16 anos. O prazo de inscrición remata o xoves. Os folletos para anotarse están nos Polideportivos.

PABLO CAROU 1º NA LIGA NACIONAL DE TAEKWONDO



Este pasado fin de semana, 14 e 15, disputouse en Écija ( Sevilla) a 2ª xornada da Liga Nacional de Taekwondo.
O taekwondista noiés do Maniotas, desprazouse ata alí para disputar esta proba na que venceu por 4-3 e 8-3 en semifinais e final respectivamente ós seus dous máis directos opoñentes. Deste xeito colócase no 1º posto da liga nacional despois da 2ª praza acadada na 1ª proba que se celebrou en Granada o mes pasado. A 3ª proba disputaráse en Xullo e finalizará a liga despois do verán. Probas das que vos manteremos puntualmente informados.

CAMPUS DE BALONCESTO


A III edición do Campus de Baloncesto será os días 14,15,16,17,18 e 19 de xullo no Alonso R. Os horarios serán pola mañan de 10.15 a 13.40 h. e haberá charlas, concursos, adestramentos, competicións e moitas sorpresas. Este campus vai dirixido a nenos/as de 9-16 anos que queran iniciarse na práctica do baloncesto ou que queren mellorar as súas destrezas ténicas. O Campus contará con xogadores e entrenadores invitados: Jose Angel Antelo, María Vilouta, Javier Varela, etc.
Hai que recordar que o campus ten un cupo maximo de 50 prazas. Para anotarse podedes pasar polo propio Polideportivo Alonso R. e recoller a folla de inscrición.

A cuota será de 50 € para os que xa son do Club Baloncesto Noia e 60 € para o resto. O tope para anotarse é o 4 de xullo.

viernes, 13 de junio de 2008

EXHIBICIÓN DE XIMNASIA RÍTMICA


Este domingo no Polideportivo Alonso Rodríguez de Noia o club de ximnasia Maimiño celebra o final de curso cunha exhibición de todas as alumnas que participaron este ano na escola deportiva de ximnasia rítmica. O Festival será o domingo,15 ás 17.00 h. Non faltedes.

REMO OLIMPICO


Regata Internacional en Noia este fin de semana. Este sábado ás 13.00 h. na Escollera de Noia celébrase unha regata de remo olímpico (oito con timonel) e que contará coa participación de oito equipos, tres deles portugueses.Son as tripulacions do Náutico de Vigo, Cedeira, Miño de Tui (2), Académica de Coimbra, Camiñense (2) y Mar de Noia. O conxunto anfitrión conta coa formación seguinte: Xoán Mayo (patrón), Benito Horta, Marcos Suárez, Aitor Varela, Manuel Barreiro, Lois Creo, Tono Mato, Juan Mato e Miguel Mato. Sorte rapaces.

miércoles, 11 de junio de 2008

LIGA DE FUTBOL SALA


Xa está aberto o prazo para inscribirse na Liga de Fútbol Sala "Concello de Noia". Os primeiros partidos serán a final de més e rematará nas Festas de S. Bartolomé. Como temos pouco tempo o número de equipos será limitado, asi que si estades interesados non o deixedes para o final e apuntarvos o mais pronto posible nos Polideportivos. A Inscrición é de 100 €.

martes, 10 de junio de 2008

FESTA DO DEPORTE


Éxito na I Festa do Deporte. Moita xente, pequenos e maiores, disfrutaron dunha expléndida mañán de domingo. Se queredes ver fotos do evento podedes entrar na páxina do CB Noia onde teñen unha carpeta chea de imaxines do día. Gracias a todos por participar.

ACTIVIDADES PARA O VERÁN


Estamos preparando as actividades para estos meses de lecer. Como adianto os podemos decir que haberá para todalas idades e que estamos pensando en facer tai-chi, relaxación, patinaxe con música, unha ludoteca, volei-praia, relaxación e masaxe, escalada, tenis, exercicio para a espalda, campamentos, etc. Estade atentos que en breve publicaremolo todo.

viernes, 6 de junio de 2008

FESTA DO DEPORTE


Este domingo é o día: a I Festa do Deporte Galego. Preto de 100 concellos unidos polo deporte. E Noia non vai ser menos, contamos con moitas actividades e queremos que participedes nelas. O domingo a partir das 10.00 h. ata ás 14.00 h., no Paseo Marítimo, todos a facer deporte: atletismo, baloncesto, break dance, fútbol sala, mantemento, natación, patinaxe, remo, taekwondo, voleibol, ximnasia artística e xogos tradicionais. Non faltedes, haberá regalos: camisetas, gorras, ...

miércoles, 4 de junio de 2008

CAMPIONATO DE TAEKWONDO NA ESTRADA

Jonathan Pombo mellor competidor masculino 1º Campionato de Taekwono da Estrada e 3º posto para o Equipo Cadete Femenino do Clube Maniotas.Este sábado 31 de Maio celebrouse na Estada o 1º Campionato de Taekwondo na categoria cadete.Ata alí desprazaronse os equipos masculio e femenino do CLUB ESCOLA MANIOTAS DE NOIA . Un total de 15 deportistas apasionados totalmente por ese deporte, 8 rapaces e 7 rapazas, os que conseguiron un total de 10 medallas (2 ouros, 3 pratas e 5 bronces).@S Taekondistas do Maniotas voltaron a estar no podio na clasificacion por equipos, ainda que desta volta foi o equipo feminino o que acadou a 3ª posición.Outro bo resultado foi a eleccion de Jonathan Pombo como mellor competidor do campionato, ó ter que superar 4 combates para logralo o ouro final. FELICIDADES.!!!Os medallistas, sin olvidar a participacion de todos os que neste Campionato se esforzaron ó máximo, foron:Jonathan Pombo: Ouro Tania Gorgal: Ouro Yago Formoso: Prata Adrián Sanchez: Prata Silvia Pardal: Prata Daniele Sendón: Bronce Iván Sanchez: Bronce Alicia Lojo: Bronce Ainara Louro: Bronce Monica Pardal: Bronce

ATLETAS DO CLUB ATLETISMO NOIA CAMPIÓNS GALEGOS E UN RECORD GALEGO


O pasado domingo 1 de xuño, celebrouse nas Pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo o Galego Cadete. Nesta xornada os atletas Pablo Ferro Montemuiño e Daniel Maceiras Insua acadaron o Campionato Galego Cadete nas probas de 1500 metros obstaculo e lanzamento de Xabalina (600grs), respectivamente e Lara Manzanedo Matilla foi bronce na proba de Lanzamento de Marterlo. Na misma xornada disputose tamén o Criteriun Galego Benxamín, Alevín e Infantil, onde o noso atleta Tariku Novales Ordax, obtivo a medalla de ouro na proba de 1000ml, cunha marca de 3´23´´ 84, batindo así o Record Galego da distancia que tiña o atleta do S.A.M., Manuel Rioboo Costas, ca marca de 3.26.2, obtida en o 28/04/2001 en Vigo, ademáis Tariku obtivo a medalla de plata en Salto de Altura. Asimesmo destacar a actuación de Hugo García Crende que volveu a demostrar o seu estado de forma conseguindo duas medallas de ouro nas probas de 80 e 220 metros valados, e a medalla de plata na proba de triple salto, na categoría Infantil.

CAMPEONAS GALEGAS DE TRIBASKET



Ana Martínez, Andrea Bugallo e Lorena Martínez son as campeonas galegas de Tribasket,competición que combina partidos de 3x3, 2x2 e 1x1, xogándose a tempos de 10 minutos o 3x3, 8 minutos o 2x2 e 7 minutos o 1x1 e unha competición de tiro e habilidade.
Con este campeonato conseguido o 1 de xuño en Compostela, adquiren o pase ao campeonato de España que se disputará en Madrid o o 26 e 27 de Xuño.
As noiesas gañaron varias eliminatorias para impoñerse na final ao equipo da Cidade da Coruña .
PARABÉNS E A DISFRUTAR EN MADRID.

martes, 3 de junio de 2008

XORNADAS DE INCIACIÓN Ó FÚTBOL SALA


O Club de Fútbol sala Cotton Al. Severo organiza unhas novas xornadas de iniciación ó fútbol sala para nenos de 6-16 anos de idade. Será no Polideportivo Municipal este sábado 21 de xuño de 10.30 a 13.30 h. O prazo de inscrición remata o xoves. O boletín de inscrición o podedes encontrar nos polideportivos da Vila.