O pasado domingo 1 de xuño, celebrouse nas Pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo o Galego Cadete. Nesta xornada os atletas Pablo Ferro Montemuiño e Daniel Maceiras Insua acadaron o Campionato Galego Cadete nas probas de 1500 metros obstaculo e lanzamento de Xabalina (600grs), respectivamente e Lara Manzanedo Matilla foi bronce na proba de Lanzamento de Marterlo. Na misma xornada disputose tamén o Criteriun Galego Benxamín, Alevín e Infantil, onde o noso atleta Tariku Novales Ordax, obtivo a medalla de ouro na proba de 1000ml, cunha marca de 3´23´´ 84, batindo así o Record Galego da distancia que tiña o atleta do S.A.M., Manuel Rioboo Costas, ca marca de 3.26.2, obtida en o 28/04/2001 en Vigo, ademáis Tariku obtivo a medalla de plata en Salto de Altura. Asimesmo destacar a actuación de Hugo García Crende que volveu a demostrar o seu estado de forma conseguindo duas medallas de ouro nas probas de 80 e 220 metros valados, e a medalla de plata na proba de triple salto, na categoría Infantil.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario