miércoles, 13 de agosto de 2008

TRAVESIA A NADO


É a sexta edición da travesía a nado entre Testal e O Freixo, que será o sábado, a partir das catro e media do serán. A proba, que non ten carácter competitivo, ten como obxetivo a solidaridade, integración e a promoción do deporte adaptado.
Os interesados poderán formalizar a súa inscripción no teléfono 687 488 902 ou unha hora antes do inicio da travesía. Os organizadores esperan superar o número de participantes do ano pasado.

viernes, 8 de agosto de 2008

ENCONTRO PARA O FIN DE SEMANA

O Club de Fútbol xoga este domingo ás 19.00 horas no estadio de S. Lázaro ante o UD Somozas na 2ª eliminatoria da Copa Deputación.

TRIUNFO DO CLUB DE MAR DE NOIA

O noiés Marcos suárez sexto no mundial de oito con timonel no remo olímpico.
O xoven deportista remata unha excelente temporada onde tamén quedou campeón galego e subcampeón de España na modalidade de skiff en banco móvil. Fontes do Club do Mar de Noia indicaron que o xoven Marcos alcanzou os mellores resultados obtidos polo club ata o momento.

martes, 5 de agosto de 2008

CARPA OLIMPICA


Carpa Galiza, nos Xogos Olímpicos 2008
O obxectivo desta iniciativa é achegar os Xogos tanto a nivel de actividades deportivas como de actividades lúdicas e culturais. Asemade, nesta carpa, os nenos e as nenas galegos/as poderán practicar diversos deportes como o fútbol sala, balonmán, baloncesto, bádminton..., asistir a exhibicións de diferentes modalidades olímpicas (esgrima, taekwondo, ciclismo, ximansia e loita, entre outras máis), achegarse aos/ás deportistas de elite galegos/as e levarse a súa casa algún recordo desta iniciativa pioneira no noso país.

En Noia a partir do 5 de agosto no Paseo Marítimo en horario de 10.00 - 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

viernes, 1 de agosto de 2008

EXÁMENES 5º E 2º DAN


Chema Salanova y Pablo Carou consiguen o 5º e 2ºº Dan

Chema Salanova e Pablo Carou acadan o 5º e 2º Dan respectivamente no examen celebrado o pasado 12 de Xulo no INEF da Coruña.
O 5º dan é o grao máis alto acadado por un taekwondista noiés , aínda que agardamos que non sexa o útimo.
Para conseguir os graos débense superar uns examenes técnicos onde o tribunal lles solicitará ós aspirantes que realicen con precisión,control,equilibrio, coordinación e potencia as técnicas e pumses determinados para cada grao según o programa oficial da Federación Española de Taekwondo.
Deste xeito tanto Chema Salanova como Pablo Carou superaron satisfactoriamente as suas probas. Non ocorreu o mesmo para os dous aspirantes do Maniotas que se presentaban a 1º Dan, xa que dous erros tanto na execución das técnicas coma nos Pumses truncaban as súas ilusións, e deberán repetilo examen na próxima convocatoria en Novembro.
Estos novos graos súmanse ós xa obtidos polos deportistas do Maniotas ó longo da sua curta historia, e aínda que algúns deles xa non están en activo(por traballo ou estudos) seguen vinculados o clube e dende esta páxina que remos facerlles unha pequena homenaxe.

XII CARREIRA POPULAR PEDESTRE "NOIA 2008"


O CLUB ATLETISMO NOIA, xunto co CONCELLO DE NOIA, organizan o sábado 23 de agosto de 2008 as 19.00horas, a XII Carreira Popular Pedestre "NOIA 2008", con saída e chegada na Alameda de Noia, discorrendo por terreo asfaltado.
DATOS DA PROBA Poderán participar todas as persoas que o desexen, tanto federados como non federados.
CATEGORÍAS (feminina e masculina):- CHUPETE: nacidos no 2004 e posteriores- PITUFO: nacidos no 01- 03- BENXAMÍN: nacidos no 99 - 00- ALEVÍN: nacidos no 97- 98- INFANTIL: nacidos no 95 - 96- CADETE: nacidos no 93 - 94- XUVENIL: nacidos no 91 - 92- JUNIOR: nacidos no 89 - 90- PROMESA: nacidos no 86 -87- 88- SENIOR: de 23 a 34 anos- VETERANS A: 35 A 41 anos- VETERANS B: 42 anos en adiante
HORARIOS e DISTANCIAS: 18:30 h CHUPETE (100 metros)18:30 h PITUFO (100 metros)19:00 h BENJAMÍN (1.000 metros).19:00 h ALEVÍN (1.000 metros).19:00 h INFANTIL e CADETE (3.000 metros).19:00 h XUVENIL-SENIOR-JUNIOR.-PROMESA.-VETERANS(8.000 mts).
PREMIOS - Haberá premios en metálico para os cinco primeiros clasificados da Xeral masculino e femenino.- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.- Medallas para todos os participantes das categorías Chupete e Pitufo.- Camiseta conmemorativa .- Bebidas ao termo de cada proba.- Os premios non son acumulativos.
A organización non se fai responsable dos danos físicos e/ou materiais que a se mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.
Dado o carácter estritamente popular e deportivo desta proba non se admitirán reclamacións, esperando dos participantes, o mellor espírito deportivo para o ben de todos.
A participación nesta carreira leva implícito a total aceptación do Regulamento desta proba