miércoles, 28 de mayo de 2008

FOTOS PARA O RECORDO


Escola Deportiva de Voleibol 1992. Polideportivo Municipal de Noia
Nesta foto podemos ver moitos amigos. Tamén está a actual concelleira de Cultura e Deportes (Loli Caramés) que xa desde moi nova quiso predicar co exemplo.

martes, 27 de mayo de 2008

FESTA DO DEPORTE


O domingo, 8 de xuño, no Paseo Marítimo de Noia, vaise celebrar a Festa do Deporte "O deporte Galego une" patrocinado pola Xunta de Galicia e polo Concello de Noia coa colaboración de todolos clubs deportivos da Vila e das diferentes federacións deportivas. É unha iniciativa que une a todos, clubs, federacións, concellos, Dirección Xeral para o deporte e a cidadanía. haberá agasallos para todos os participantes. Será a partir das 10.00 h. e rematará ás 14.00 h. Fútbol, baloncesto, voleibol, patinaxe, natación, remo, taekwondo, atletismo, xogos, ximnasia e moitas mais actividades os esparan ese día no Paseo Marítimo, non faltedes.

viernes, 23 de mayo de 2008

CAMPAMENTO DEPORTIVO


A Deputación de A Coruña organiza un campamento deportivo para rapaces de 9-13 anos.

Información xeral:
Deportes: golf, vela de cruceiro, tenis, voleipraia.
Lugar: A Coruña
Aloxamento: Colexio Calvo Sotelo da Coruña.
Duración: de domingo a sábado.
Quendas: Noia:
3a quenda, do 13 ó 19 de xullo.
Incorporación: Domingo pola tarde.
Regreso: o sábado seguinte despois do almorzo.
Destinatarios: rapaces/as entre 9 e 13 anos.
Cota de inscrición: 85€.
Inclúe: transporte de ida e volta, estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.
A incorporación ó campamento deportivo realizarase o domingo despois de xantar e o regreso, o sábado despois do almorzo. Avisarase nos concellos dos puntos de recollida e entrega dos participantes coa antelación suficiente.

As fichas de inscrición están nos polideportivos de Noia. A inscrición será no Concello, por rexistro antes do 19 de xuño. É necesario presentar toda a documentación solicitada. No caso de superar o número de prazas o Concello realizará un sorteo público.
Mais información en www.dicoruna.es

CAMPUS DE FÚTBOL 2008


A Deputación de A Coruña organiza Un Campus de Fútbol para rapaces de 9-13 anos. A información a tedes na web da Deputación: http://www.dicoruna.es/.

A inscrición é no Concello,no rexistro. Os folletos están no Polideportivo Municipal e no Alonso R. O prazo remata o 19 de xuño. No caso de ter mais solicitudes que prazas, unha vez rematado o prazo o Concello realizará un sorteo público.


DEPORTES: Técnica, táctica, xogo, entrenamento de porteiros.
LUGAR: Instalacións deportivas de A torre (A Coruña) e Acea de Ama (Culleredo).
ALOXAMENTO: Residencia do IES Cruceiro Baleares. (Culleredo).
DURACIÓN: de domingo a sábado.

QUENDA: do 20 ó 26 de xullo

COTA DE INSCRICIÓN: 75 €

PROMOCIÓN DE ASCENSO. 1ª ELIMINATORIA

Os cadetes do Noia CF teñen que remontar un 1-0 en contra para subir de categoría. Xogan en Noia este sábado no campo anexo de S. Lázaro ante o Soneira SD ás 11.00 h. Non faltedes.

miércoles, 21 de mayo de 2008

CAMPIONATO PROVINCIAL


O equipo alevín feminino do Club Voleibol Noia non quere ser menos que as seniors e tamén se clasificaron para xogar a súa "fase de ascenso" particular. Xogaran este sábado o campionato Provincial na Coruña, xunto con CV Dodro, CV Calasancias e CV Liceo.

ATLETISMO

HUGO GARCÍA Campión Galego de 220 mv, e AlEXANDRE MARTÍNEZ Sub-Campion Galego de 500 ml. Celebrouse en Ourense o pasado domingo día 18 o Campionato Galego escolar na categoría Infantil onde os Atletas do Club Atletismo Noia, HUGO GARCÍA CRENDE e AlEXANDRE MARTÍNEZ REY, acadarón a medalla de ouro e prata nas probas de 220 mv e 500 ml respectivamente Hugo García, acadou a medalla de ouro no Campionato na proba de 220mv cunha marca de 31"8, proba na que esta tempada obtivo o record Galego (31"7), e sendo mellores marcas do Ranking de España Aire libre INFANTIL Masculino 2007/2008. Asimesmo AlEXANDRE MARTÍNEZ, acadou a medalla de prata na proba de 500 ml cunha marca de 1,16

Copa Cidade da Coruña de Taekwondo

O pasado 17 de Maio celebrouse no Complexo deportivo de Elviña a 3ª edición da Copa de Taekwondo Cidade da Coruña.
Ata alí desprazáronse 4 equipos da Escola de Taekwondo Maniotas de Noia, 2 femininos (infantil e cadete) e 2 masculinos(infantil e cadete), un total de 31 deportistas.
O evento reuniu a 400 deportistas de 26 clubes de toda Galicia o que supuxo instalar 7 tapices para que o campeonato se pudiera realizar só en xornada de tarde.
En canto ó resultado dos nosos deportistas o balance final foi moi positivo acadando o 3º posto en cadetes e o 3º posto na clasificación xeral. O que ben a confirmar e consolidar o equipo cadete xa que nas últimas citas estase a subir ó podio entre os tres primeiros.
Bo resultado para os taekwondistas noieses do Maniotas na III Copa cidade da Coruña. Medallistas noieses: Cadete masculino:-Jonathan Pombo- prata-Adrián Sánchez- prata-Iván Breñilla-bronce-Alex Blanco- bronce Cadete femenino:-Sara Molinos- bronce-Tania Gorgal- ouro-Mónica Pardal- prata-Silvia Pardal- bronce Infantil masculino A:-Álvaro García- ouro-Xabier Románs- prata-Agustín Carou- bronce Infantil femenino A:-Lucía Trillo- bronce-Silvia Pombo- bronce Infantil masculino B:-Mario Brenlla- ouro-Nicolás Santiago- bronce- Iago Agrafojo- bronce Infantil femenino B:-Tania Villaverde-prata

jueves, 15 de mayo de 2008

CURSO TÉCNICOS DEPORTIVOS

Curso Técnicos Deportivos: Bloque Común-nivel 1 Ábrese o prazo para a inscripcións nos Cursos de Técnicos Deportivos de Nivel I, que se realizara nos meses de Maio e Xuño. A data límite de inscripción é o 23 de maio.

A Dirección Xeral para o Deporte, a través da Escola Galega do Deporte, ten a competencia de promover a formación deportiva dos técnicos e adestradores ata que se desenvolvan as ensinanzas oficiais da súa modalidade deportivaNeste marco, a Escola Galega do Deporte organiza o Bloque común do Curso de Técnicos e Adestradores Deportivos de Nivel I. Iníciase así o itinerario formativo que, unha vez completado co Bloque específico e as Prácticas que oferten as distintas Federacións deportivas galegas, permite acadar o título de Adestrador/ra deportivo de nivel I.Durante o ano 2008 están programados cursos antes do verán e a partir do mes de outubro, de xeito que as persoas interesadas poidan programar a súa formación acordes coa súa disponibilidade laboral e deportiva.
www.deportegalego.eu

HORARIOS COPA CORREO GALEGO DE FÚTBOL SALA


Xa temos os horarios dos encontros de fúbol sala que este fin de semana organiza o ANPA IES Virxe do Mar.

Pavillón Alonso Rodríguez

10:00 h A.D Coira - IES San Alberto (xuvenil feminino)
11:00 h Noia F.S –Pub Cotton-Aluminios Severo - IES Virxe do Mar (xuvenil masculino)
12:00 h A.D Coira - IES Virxe do Mar –B- (cadete masculino)
13:00 h Autos Lobelle F.S - Perdedor 1º Encontro (xuvenil masculino)
16:00 h 3º - 4º posto infantil masculino
17:00 h 3º - 4º posto cadete masculino

Pavillón Municipal

10:00 h C. Jaime Balmes – A.D Coira (infantil masculino)
11:00 h Autos Lobelle F.S - IES Virxe do Mar (infantil masculino)
12:00 h Autos Lobelle F.S - IES Virxe do Mar –A - (cadete masculino)
13:00 h Perdedor 1º encontro - IES Virxe do Mar (xuvenil feminino)
16:30 h FINAL infantil masculino17:30 h FINAL cadete masculino
18:30 h FINAL feminina
19:30 h FINAL xuvenil masculino

20:00 h Grupo Break – Dance “Vella Escola”
20:30 h Patinaxe artístico “Devoulé”
21:00 h Entrega trofeos

miércoles, 14 de mayo de 2008

COPA CIDADE DA CORUÑA DE TAEKWONDO

O vindeiro sábado 17 de Maio celábrase no Complexo Deportivo de Elviña a III Copa Cidade da Coruña de Taekwondo na modalidade de combate en categoría infantil e cadete. Ata alí desprazaránse 32 deportistas do Club Escola de Taekwondo Maniotas-Noia con catro equipos. 2 na categoría infantil ( con 16 deportistas no equipo masculino e 5 no feminino) e 2 na categoría cadete (con 7 no equipo masculino e 6 no feminino). O clube ten como obxetivo mellorar o resultado do ano pasado no que se lograran un total de 16 medallas, 9 ouros,5 pratas e 2 bronces, xa que este ano o equipo está moito máis completo. Sorte.

CAMPIONATO PROVINCIAL DEPORTE ESCOLAR

No Campionato Provincial do deporte escolar celebrado nas pistas da Malata en Ferrol o pasado domingo o Club Atletismo Noia tivo unha sensacional actuación dos seus atletas, cun total de 16 medallas individuais, 6 ouro, 7 platas e 3 bronces, así como un segundo posto por equipos na categoría infantil masculino
MEDALLAS ORO: Jairo Fariña, altura-Benxamín, Tariku Novales, 1000ml-Benxamín, Ana Blanco, altura-alevín, Alex Martínez, 500ml-infantil, Hugo García 80ml-infantil, e 220mv-infantil.
MEDALLAS DE PLATA: Sergio Fernández, 1000ml-Benxamin, Lorena Cobas, altura-benxamin, Tariku Novales, altura-benxamin, Claudia Fernández, altura-Alevin, Alex Martínez, Disc-infantil, Hugo García, triple salto-infantil, Alberto Davila, 220mv-infantil,
MEDALLAS DE BRONCE: Marina Martínez, altura-benxamin, Lucia Carballido, Peso-benxamin, Alberto Davila, xabalina-infantil

CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA MARATON


"LOLI" 3ª POSTO NO CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA MARATON Campionato de Media Maraton acontecido na mañá do pasado domingo en Vilagarcia, conxuntamente coa III Edición da Media Maraton Concello de Vilagarcia, contou con unha amplia representación do Club Atletismo Noia, destacando un ano mais a nosa atleta María Dolores Tarela Miramontes, que con un tempo de 1h 37:14, acadou o tercer posto na categoría W-40, e continuando un ano mais, e van tres consecutivos no podiun do Campionato Galego de Media Maraton

CAMPEÓN GALEGO


MANUEL GUASCH MARTÍNEZ CAMPIÓN GALEGO DE PESO XUVENIL O Atleta do Club Atletismo Noia, Manuel Guasch Martínez proclamouse o pasado sábado día 10 de maio, Campeón Galego de Peso (5Kg), no Campionato celebrado en Santiago de Compostela cunha marca de 13.10 Enoraboa Campeón

lunes, 12 de mayo de 2008

COPA DE FÚTBOL SALA - GRUPO CORREO GALEGO


O domingo 18 de maio dende ás 10 da mañá ata as 9 da noite nos Polideportivos Alonso Rodríguez e Municipal de Noia terá lugar a 2ª edición da COPA DE FÚTBOL SALA – Grupo Correo Gallego que organizamos dende a ANPA do IES Virxe do Mar de Noia.

Nesta edición acolleremos equipos encadrados nas categorías infantil masculino, cadete masculino, xuvenil masculino e xuvenil feminino.

As entidades participantes son as seguintes:

AUTOS LOBELLE F.S.
NOIA F.S
A.D. COIRA
COLEXIO JAIME BALMES
ESCOLAS DEPORTIVAS DE LOUSAME
IES CAMPO DE SAN ALBERTO
IES VIRXE DO MAR DE NOIA

Durante a xornada da tarde actuarán (no polideportivo municipal) o Club de Patinaxe “DEVOULÉ” e o grupo de Break- Dance “VELLA ESCOLA”

viernes, 9 de mayo de 2008

Encontros para o fin de semana

Domingo, 10
Polideportivo Alonso R.
Baloncesto: 17.00 h. Cadete Feminino, C.B. Noia Maderas J. Suárez - Calasancias Coruña
19.00 Infantil Masculino, C.B. Noia - Gayolo Ford Betanzos

lunes, 5 de mayo de 2008

CONGRESO DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Dentro do proxecto “Concellos Saudables” posto en marcha pola Consellería de Sanidade co fin de potenciar un estilo de vida saudable: Estimulación da práctica frecuente de actividade física en todas as idades.
Difusión e promoción dunha dieta atlántica saudable que a nosa xente está a abandonar por outras máis industriais e menos saudables, e unha vida sen tabaco, alcohol e outras drogas.

O Concello organiza para os días 9, 10 e 11 de maio un Congreso de Educación para a Saúde que Inclúen interesantes mesas redondas e ponencias con actividades prácticas.Os podedes inscribir no email (saavedrapino@gmail.com) ou chamando por teléfono ao 609.82.31.34, ainda que o asistencia será libre para tódalas aquelas persoas que o desexen. O programa será:
9 de maioCONCELLOS SAUDABLES. UNHA APOSTA DE FUTURO.Lugar: Coliseo Noela. Rúa do Curro.18:00 – 18:30 Recollida de documentación.18:30 – 19:00 “A Saúde nas cidades onde vivimos e traballamos”.
19:30 – 20:00 Conferencia inaugural: “Presentación do Proxecto de Promoción de Estilos de Vida Saudables nos Concellos de Galicia”.
20:00 – 21:00 Experiencias comunitarias en programas de promoción da saúde“Programa PASEA: Alimentación e actividade física saudable”. 21:00 – 21:15 Presentación do Proxecto de Concello Saudable de Noia.
21:15. Degustación de comida saudable.Día 10 de maioA EDUCACIÓN PARA A SAÚDE NO SECULO XXI.Salón de Actos. Casa do Mar. Rúa República Arxentina.17:00 - 18:00 ALIMENTACIÓN SAUDABLE.- “Beneficios da Dieta Atlántica. Elaboración de menús saudables”.
- Experiencias de alimentación saudable dende os centros educativos.18:00 – 19:00 ACTIVIDADE FÍSICA.18:00 – 18:20 “O deporte como ferramenta de saúde”.
- 18:20 – 18:40 “ Prescripción de exercicio para a saúde: Programas alternativos no medio Acuático”
- 18:40 – 19:00 “As actividades dirixidas para a promoción da actividade física: o medio natural como recurso
- EXPERIENCIAS E DEBATE: Escolas deportivas e clubes deportivos como factor de integración dos xóvenes no deporte. (Atletismo, futbol, remo, baloncesto, taekowndo,…).19:00 – 20:00 MESA REDONDA: Promoción de hábitos saludables, prevención de enfermedades e educación sanitaria na comunidade.20:00 – 21:00 ACTIVIDADE LÚDICO-CIENTÍFICA:OBRADOIRO DE CIENCIA DIVERTIDA SOBRE A OBESIDADE.11 de maio11:00 – 14:00 Actividade: “Camiña hacia a saúde”. Camiñata dirixida.Lugar de encontro: Alameda de Noia. Diante da Casa do Concello.AS PATOLOXÍAS CARDIOVASCULARES. HOMENAXE O DOCTOR JUANATEY.Lugar: Coliseo Noela. Rúa do Curro.17:30 – 18:30 Conferencia de clausura:“O futuro das patoloxías cardiovasculares. Presente e Futuro
- 18:30 – 19:00 Homenaxe a traxectoria profesional do Dr. Juanatey.19:00 – 19:30 Entrega de diplomas e clausura.19:30: Degustación de Comida Saudable.DURANTE A DURACIÓN DO CONGRESO SE INSTALARÁ A CARPA DA SAÚDE
Organiza: Concello de Noia, Concellería de Sanidade Información e inscricións: Concello de Noia

FOTOS PARA O RECORDO


Non puden resistir a tentación de publicar esta foto que está na páxina do CB Noia. Podemos reconocer varios amigos que foron historia do noso deporte e que hoxe dirixen o entrenan na Vila. Na páxina do CB Noia hai un montón de fotos para o recordo, os recomendo que a visitedes.¡Que recordos!

TENIS DE MESA


Poucos estamos enterados de que temos un club de tenis de mesa no IES Virxe do Mar e que ademáis conta con verdadeiros campións. Aqui tedes unha mostra dos seus éxitos


Equipo: 4º posto na 3ª div. galega noroeste.

Inés Vázquez: Campiona provincial escolar infantil1º posto "sub 14" no OPEN NADAL Pobra.

Guillermo Maneiro: 5º individual na liga grupo noroeste3º posto no OPEN NADAL Pobra.

Pablo Pérez: 6º individual na liga grupo noroeste

TAEKWONDO

O clube escola de taekwondo maniotas de noia acada o segundo posto na clasificacion xeral por equipos en categoria masculina no campionato galego celebrado en Cangas o pasado domingo 20.Os cadetes do club de taekwondo noiés comenzaron a mañán perdendo a maioria das eliminatorias o que auguraba un resultado bastante pobre. Pero desta volta a cantidade volveuse en calidade cando sempre conseguiamos moitas medallas ainda que poucas de ouro esta vez foi o reves.Tres finais, tres ouros e foi isto o que nos deu o segundo posto na suma total do medalleiro. Os ouros foron para Tania Gorgal, Iago Formoso e Ivan Brenlla, asi como tamén bronce para Monica Pardal. Na categoria senior o resultado foi mais escaso conseguindo só un bronce.Foi para Javier Siso o que caería na semifinal no punto de ouro ante o representante de Riveira.Ainda asi fixo un excelente campionato.
PRATA NO VI OPEN DE ESPAÑA E CAMPION DE ESPAÑA POR CLUBES PARA PABLO CAROU O 26-27 DE ABRIL EN ALICANTE.O deportista noies do club Maniotas de noia acada un dos mais importantes logros do taekwondista noies , xa que acadou a 2ª praza nun evento de clase 'A', calificado asi pola federacion eropea de taekwondo (ETU) e que o sube un pouco mais no ranking, no cal ocupa o posto.Mais de 1300 particiantes vidos de 26 paises dá unha mostra do altísimo nivel do campionato. Asi como tamen que se tiveran que instalar 10 tapices en 2 pavillons. en canto o noso representante,desfixose en cuartos de final (xa que era cabeza de serie) do representante de CASTELA-LA MANCHA, en semifinais de un veteranisimo canadiense , seria na final contra o representante de Puerto Rico onde se truncarian as suas ilisions de estar no mais alto do podio o perder por un axustado 11-8. Ainda así esta medalla sabe a victoria, xa que a dureza dos combates a fan moi preciada. O noso deportista acaba asi cun excelente resultado a su tempada de pesos non olimpicos agora centrarase en eventos de pesos olimpicos na categoria de menos de -58kg. Por outra banda, a Federacion Galega de Taekwondo xunto co Concello de Sada ,concederon un beca para sete desportistas de escola maniotas de noia a asistir a un stage celebrado o 26-27 no ALBERGUE DA MARINA DE SADA.O stage estaba dividido en tecnica,defensa persoal e combate que contou coa presencia dun mestre coreano afincado en galicia. A proxima cita do CLUBE MANIOTAS sera o vindeiro 17 de Maio no III torneo Cidade da Coruña.

ESCOLA DE TENIS


Os sábados pola mañán, de 12.00 a 13.00 h. o Concello de Noia oferta unha Escola de Tenis. Todolos que querades aprender a xogar, apuntaros no Polideportivo Alonso Rodríguez.

jueves, 1 de mayo de 2008

Fase de Ascenso a 1ª masculina


Este fin de semana os rapaces do CV Noia xogan en Vigo a fase de ascenso a 1ª masculina. Xogan, xunto Vigo, Logroño, Hernani, Gijón e Soria, por unha das tres plazas que a Federación Española oferta este ano. esperemos que unha veña para Noia. Ánimo chicos.