jueves, 15 de mayo de 2008

CURSO TÉCNICOS DEPORTIVOS

Curso Técnicos Deportivos: Bloque Común-nivel 1 Ábrese o prazo para a inscripcións nos Cursos de Técnicos Deportivos de Nivel I, que se realizara nos meses de Maio e Xuño. A data límite de inscripción é o 23 de maio.

A Dirección Xeral para o Deporte, a través da Escola Galega do Deporte, ten a competencia de promover a formación deportiva dos técnicos e adestradores ata que se desenvolvan as ensinanzas oficiais da súa modalidade deportivaNeste marco, a Escola Galega do Deporte organiza o Bloque común do Curso de Técnicos e Adestradores Deportivos de Nivel I. Iníciase así o itinerario formativo que, unha vez completado co Bloque específico e as Prácticas que oferten as distintas Federacións deportivas galegas, permite acadar o título de Adestrador/ra deportivo de nivel I.Durante o ano 2008 están programados cursos antes do verán e a partir do mes de outubro, de xeito que as persoas interesadas poidan programar a súa formación acordes coa súa disponibilidade laboral e deportiva.
www.deportegalego.eu

No hay comentarios: