O clube escola de taekwondo maniotas de noia acada o segundo posto na clasificacion xeral por equipos en categoria masculina no campionato galego celebrado en Cangas o pasado domingo 20.Os cadetes do club de taekwondo noiés comenzaron a mañán perdendo a maioria das eliminatorias o que auguraba un resultado bastante pobre. Pero desta volta a cantidade volveuse en calidade cando sempre conseguiamos moitas medallas ainda que poucas de ouro esta vez foi o reves.Tres finais, tres ouros e foi isto o que nos deu o segundo posto na suma total do medalleiro. Os ouros foron para Tania Gorgal, Iago Formoso e Ivan Brenlla, asi como tamén bronce para Monica Pardal. Na categoria senior o resultado foi mais escaso conseguindo só un bronce.Foi para Javier Siso o que caería na semifinal no punto de ouro ante o representante de Riveira.Ainda asi fixo un excelente campionato.
PRATA NO VI OPEN DE ESPAÑA E CAMPION DE ESPAÑA POR CLUBES PARA PABLO CAROU O 26-27 DE ABRIL EN ALICANTE.O deportista noies do club Maniotas de noia acada un dos mais importantes logros do taekwondista noies , xa que acadou a 2ª praza nun evento de clase 'A', calificado asi pola federacion eropea de taekwondo (ETU) e que o sube un pouco mais no ranking, no cal ocupa o 5ª posto.Mais de 1300 particiantes vidos de 26 paises dá unha mostra do altísimo nivel do campionato. Asi como tamen que se tiveran que instalar 10 tapices en 2 pavillons. en canto o noso representante,desfixose en cuartos de final (xa que era cabeza de serie) do representante de CASTELA-LA MANCHA, en semifinais de un veteranisimo canadiense , seria na final contra o representante de Puerto Rico onde se truncarian as suas ilisions de estar no mais alto do podio o perder por un axustado 11-8. Ainda así esta medalla sabe a victoria, xa que a dureza dos combates a fan moi preciada. O noso deportista acaba asi cun excelente resultado a su tempada de pesos non olimpicos agora centrarase en eventos de pesos olimpicos na categoria de menos de -58kg. Por outra banda, a Federacion Galega de Taekwondo xunto co Concello de Sada ,concederon un beca para sete desportistas de escola maniotas de noia a asistir a un stage celebrado o 26-27 no ALBERGUE DA MARINA DE SADA.O stage estaba dividido en tecnica,defensa persoal e combate que contou coa presencia dun mestre coreano afincado en galicia. A proxima cita do CLUBE MANIOTAS sera o vindeiro 17 de Maio no III torneo Cidade da Coruña.
lunes, 5 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario