viernes, 23 de mayo de 2008

CAMPAMENTO DEPORTIVO


A Deputación de A Coruña organiza un campamento deportivo para rapaces de 9-13 anos.

Información xeral:
Deportes: golf, vela de cruceiro, tenis, voleipraia.
Lugar: A Coruña
Aloxamento: Colexio Calvo Sotelo da Coruña.
Duración: de domingo a sábado.
Quendas: Noia:
3a quenda, do 13 ó 19 de xullo.
Incorporación: Domingo pola tarde.
Regreso: o sábado seguinte despois do almorzo.
Destinatarios: rapaces/as entre 9 e 13 anos.
Cota de inscrición: 85€.
Inclúe: transporte de ida e volta, estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.
A incorporación ó campamento deportivo realizarase o domingo despois de xantar e o regreso, o sábado despois do almorzo. Avisarase nos concellos dos puntos de recollida e entrega dos participantes coa antelación suficiente.

As fichas de inscrición están nos polideportivos de Noia. A inscrición será no Concello, por rexistro antes do 19 de xuño. É necesario presentar toda a documentación solicitada. No caso de superar o número de prazas o Concello realizará un sorteo público.
Mais información en www.dicoruna.es

No hay comentarios: