lunes, 16 de marzo de 2009

TAEKWONDO

Este pasado sábado 14 celebrouse nas instalacións deportivas da Universidade de Santiago de Compostela a edición 2009 do cto. Promoción nas modalidades de técnica e combate con pesos olímpicos e de categoría senior.E ata alí desprazouse o club Maniotas-Noia Histórica.11 deportistas na categoría masculina e 3 na feminina.O obxetivo deste campionato é o de proporcionar ós deportistas máis novos experincia en categoría superior e ca modalidade de pesos olímpicos, que é moi distinta a convencional.E o balance non puido ser mellor , conseguindo un total de 16 medallas entre as duas modalidades, técnica e combate.O medalleiro quedou da seguinte maneira: TÉCNICA: Ouro para: José Mariño,Iago Brenlla, Iván BRenlla e Silvia PomboPrata para: Luis González e Jorge ToucedoBronce para: Javier Siso e Ainara Louro COMBATE: Ouro para: José Mariño,Javier Siso, Ana Pazos e Silvia PomboPrata para: Luis González e Alex AgeitosBronce para: Ainara LOuro e Iago Brenlla Por outra banda , sinalar que este vindeiro fin de semana celébrase en Ourense o Cto. de España Senior, no que participará un representante noiés do club Maniotas, Pablo Carou, que esta vez xoga en casa e agardamos lle acompañe a sorte.

martes, 10 de marzo de 2009

SUBVENCIÓNS DEPORTE GALEGO

Orde de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2009
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe, venres 27 de marzo, a orde do 19 de febreiro que ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras de concesión de subvencións e a súa convocatoria pública dirixidas a clubs deportivos e entidades deportivas sen ánimo de lucro para a participación en competicións oficiais ou o desenvolvemento de actividades deportivas, realizadas ou que se vaian realizar no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2009. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 30 de marzo.

CURSO ADESTRADOR NIVEL II

A Escola Galega do Deporte convoca, por primeira vez, o curso de adestrador/a de nivel II: bloque común
A Escola Galega do Deporte convoca esta primeira edición do "Curso de adestrador/a de nivel II: bloque común". Farase un curso en Oleiros e outro en Vigo. Desenvolveranse os días 3, 4, 17, 18, 24 e 25 de abril.
Mais información en www.deportegalego.eu

CONGRESO BALONCESTO

A Federación Galega de Baloncesto organiza o I Congreso de Baloncesto en Idade Escolar
[09/03/2009] A Federación Galega de Baloncesto organizará esta actividade o vindeiro 23 de marzo co obxectivo primordial de potenciar o baloncesto en idade escolar como "escenario natural da aprendizaxe social dos nenos e nenas. Joan Montes, responsable do Baloncesto de Base do F.C. Barcelona, encabeza o conxunto de relatores que achegarán a Compostela diferentes esferas do Baloncesto