miércoles, 29 de abril de 2009

CURSO FORMATIVO

A Dirección Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego convocan unha nova acción formativo, no eido da Comunicación no Mundo do Deporte. O curso terá lugar na cidade da Coruña os vindeiros 4,5,6 e 7 de maio, en horario de tarde. O curso está dirixido a federacións e clubs deportivos, asi como a calquera outra entidade relacionada co mundo do deporte

jueves, 23 de abril de 2009

TAEKWONDO


O martes pola tarde regresaba Pablo Carou da sua estancia e participación no Open "Idolos Mundiais de México".Foron 15 dias de duros adestramentos cos taekwondistas mellores do mundo, campións mundiais e campións olímpicos, que se deron cita nese Open de México que viña precedido de 2 semanas de seminarios técnicos e adestramentos ó máis alto nivel.O fin de semana do 11 e 12 de abril desenrolouse a competición na que Pablo Carou lograría chegar ata cuartos de final logo de superar duros combates cos representantes de México e República Dominicana. Pero sería na ronda de cuartos de final onde caería contra o representante de Colombia por un axustado 8-7.Outra vez se quedou ás portas de medalla, pero con unha satisfacción moi grande que foi a de poder competir contra os mellores do mundo.Por outra banda, salientar que o vindeiro 25 e 26 de abril desprazaráse ata Alicante coa Selección Galega para disputar o Open de España.Proba que este ano ten a cualificación de Clase"A", valedeira para o ranking mundial.Por último sinalar que os dous xuniors do Maniotas-Noia Histórica Jonathan Pombo e Iago Formoso disputarán o Open de Bilbao o vindeiro 8 de Maio.

ATLETISMO


O pasado sábado, día 04 de abril de 2009, celebrouse no Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago o CAMPIONATO GALEGO DE 10.000 M.L. en pista aire libre para as categorías, Junior, Promesa e Absoluto. Na categoría promesa participou o atleta do Club Atletismo Noia, Jorge Muiños Reyes que foi 8º cun rexistro de 34'14"9. que lle valeu para obter o CAMPIONATO GALEGO DE 10.000ML na categoría.