lunes, 31 de agosto de 2009

TAEKWONDO


O noiés do Maniotas-Noia Histórica proclamouse o pasado sábado 29 en Pontevedra Campión Galego Sub-21.
A inconparecencia do seu rival deulle o campionato e a clasificación para o campionato de España que se celebrará en Riviera o 26-27 de Setembro. Este título súmase ó de Campión galego senior que tamén acadou este ano e que ven a refrendar o bo estado de forma no que se atopa.

miércoles, 26 de agosto de 2009

TAEKWONDO


O noiés do club Maniotas-Noia Histórica,Pablo Carou, disputará o vindeiro sábado 29 de agosto o campionato galego sub-21 que terá lugar no IMD de Pontevedra en xornada de mañán e que dará comenzo as 10:30 h.

Pablo leva adestrando para esta cita dende mediados de Xullo,e atópase nunha excelente forma.Dende o club agárdase un bo resultado e a clasificación para o nacional sub-21 que este ano disputaráse en Riveira a finais de Setembro

viernes, 21 de agosto de 2009

TAEKWONDO

O club Escola de Taekwondo Maniotas de Noia abre as festas de Noia cunha exhibición de taekwondo tanto infantil como adultos.Como tódolos anos agardamos moita afluencia de público.

lunes, 17 de agosto de 2009

CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA


O Club Atletismo Noia convídanche participar na XIII Edición da Carreira Pedestre Popular de Noia, que levará a cabo o 22 de agosto ás 19.00 para percorrer unha distancia de 8 quilómetros con inicio e meta na Alameda de Noia.

As INSCRICIÓNS remitiranse ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com ou ó FAX no nº981 191559, facendo constar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, clube e nº de licencia federativa (se a ten). Teléfono de información: 630 678450.

O prazo de inscrición rematará o xoves 20 de agosto de 2009 ás 14:00 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais de competición recolleranse naSECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita na Casa do Concello (a carón da SAIDA) ata media hora antes do inicio da proba correspondente.

Ademáis de este evento habera tamén probas para os maís cativos