sábado, 24 de octubre de 2009

TAEKWONDO

O taekwondista noiés do Maniotas Pablo Carou estará do 25 ata o 31 de Outubro concentrado ca Selección Nacional sub-21 no Centro de Alto Rendemento de Madrid para facer a preselección e preparar o europeo que se celebrará en Vigo do 6 o 8 de Novembro.

Por outra banda,Pablo acaba de ser esponsorizado pola marca deportiva galega Zico para toda a tempada.A marca comercial proveerá a Pablo de todo o material deportivo que necesite e en contrapartida Pablo será a imaxe desta marca.Tamén destacar que a Confraría de Pescadores San Bartolome de Noia e a tenda de deportes Hermida serán patrocinadores do taekwondista noiés.

miércoles, 21 de octubre de 2009

TAEKWONDO

5 medallas para o equipo Maniotas de Noia no autonómico de Taekwondo na categoría infantil.

Máis de 250 deportistas que se dividiron en 60 pesos o que supuxo que todos partían de semifinais foi o balance deste autonómico de combate, que se deu cita no Pavillón Municipal de Reibón en Moaña.
A competición comenzou as 10 da mañán para rematar casi as 3 da tarde.Unha xornada na que se disputaron combates ininterrumpidamente.
Ata alí desprazáronse 15 deportistas do Maniotas de NOia. Catro campións galegos (Julián Molinos , Alberto Verea, Mario Brenlla e Álvaro García) 3 subcampións( Agustín Carou, Abraham Rial e Javier MArtínez) e 8 terceiros postos(Héctor Martínez,Nicolás Santiago,Marcos Turnes, José Vidal,Brais Insua e as rapazas Sara Toucedo, Lucía trillo e Tania Villaverde) foi o botín do Maniotas.
Decir que as espectativas cumpríronse ó 100% xa que os 4 ouros que se tiñan previstos acadáronse e a isto haille que sumar a maoires as 3 pratas, resultado que ben a refrendar a boa traxectoria destes rapaces e que se agarda piodan dar a sorpresa no cadete do próximo ano.
A destacar o combate na final de Mario Brenlla, no que amosou un gran repertorio táctico e técnico, ó igual que o seu opoñente o representante de Coruña. Combate que fixo levantar ó numeroso público asistente das suas bancadas.

miércoles, 14 de octubre de 2009

SURF


Este pasado fin de seman celebrouse na praia de soesto(Laxe) o campionato galego de surf,body e lonboard.E ata alí desprazaronse efectivos do club Area Longa de Noia para disputar esta proba nas categorías de surf Open ,bodyboard Open e bodyboard infantil.E oresultado non puido ser mellor, doblete na categoría de bodyboard, alcanzando a victoria Nicolás Nieto e Samuel Martínez na categoría Open e infantil respeitivamente e un merecidísimo 5º posto para Kike Ramos na categoría surf Open.
Cando aína faltan 2 probas por disputar do circuito galego de surf e body ,os do Area Longa atópanse á cabeza do ranking, agardamos que así sexa ata o final da tempada.