sábado, 24 de octubre de 2009

TAEKWONDO

O taekwondista noiés do Maniotas Pablo Carou estará do 25 ata o 31 de Outubro concentrado ca Selección Nacional sub-21 no Centro de Alto Rendemento de Madrid para facer a preselección e preparar o europeo que se celebrará en Vigo do 6 o 8 de Novembro.

Por outra banda,Pablo acaba de ser esponsorizado pola marca deportiva galega Zico para toda a tempada.A marca comercial proveerá a Pablo de todo o material deportivo que necesite e en contrapartida Pablo será a imaxe desta marca.Tamén destacar que a Confraría de Pescadores San Bartolome de Noia e a tenda de deportes Hermida serán patrocinadores do taekwondista noiés.

No hay comentarios: