miércoles, 21 de octubre de 2009

TAEKWONDO

5 medallas para o equipo Maniotas de Noia no autonómico de Taekwondo na categoría infantil.

Máis de 250 deportistas que se dividiron en 60 pesos o que supuxo que todos partían de semifinais foi o balance deste autonómico de combate, que se deu cita no Pavillón Municipal de Reibón en Moaña.
A competición comenzou as 10 da mañán para rematar casi as 3 da tarde.Unha xornada na que se disputaron combates ininterrumpidamente.
Ata alí desprazáronse 15 deportistas do Maniotas de NOia. Catro campións galegos (Julián Molinos , Alberto Verea, Mario Brenlla e Álvaro García) 3 subcampións( Agustín Carou, Abraham Rial e Javier MArtínez) e 8 terceiros postos(Héctor Martínez,Nicolás Santiago,Marcos Turnes, José Vidal,Brais Insua e as rapazas Sara Toucedo, Lucía trillo e Tania Villaverde) foi o botín do Maniotas.
Decir que as espectativas cumpríronse ó 100% xa que os 4 ouros que se tiñan previstos acadáronse e a isto haille que sumar a maoires as 3 pratas, resultado que ben a refrendar a boa traxectoria destes rapaces e que se agarda piodan dar a sorpresa no cadete do próximo ano.
A destacar o combate na final de Mario Brenlla, no que amosou un gran repertorio táctico e técnico, ó igual que o seu opoñente o representante de Coruña. Combate que fixo levantar ó numeroso público asistente das suas bancadas.

No hay comentarios: