lunes, 12 de mayo de 2008

COPA DE FÚTBOL SALA - GRUPO CORREO GALEGO


O domingo 18 de maio dende ás 10 da mañá ata as 9 da noite nos Polideportivos Alonso Rodríguez e Municipal de Noia terá lugar a 2ª edición da COPA DE FÚTBOL SALA – Grupo Correo Gallego que organizamos dende a ANPA do IES Virxe do Mar de Noia.

Nesta edición acolleremos equipos encadrados nas categorías infantil masculino, cadete masculino, xuvenil masculino e xuvenil feminino.

As entidades participantes son as seguintes:

AUTOS LOBELLE F.S.
NOIA F.S
A.D. COIRA
COLEXIO JAIME BALMES
ESCOLAS DEPORTIVAS DE LOUSAME
IES CAMPO DE SAN ALBERTO
IES VIRXE DO MAR DE NOIA

Durante a xornada da tarde actuarán (no polideportivo municipal) o Club de Patinaxe “DEVOULÉ” e o grupo de Break- Dance “VELLA ESCOLA”

No hay comentarios: