viernes, 1 de agosto de 2008

XII CARREIRA POPULAR PEDESTRE "NOIA 2008"


O CLUB ATLETISMO NOIA, xunto co CONCELLO DE NOIA, organizan o sábado 23 de agosto de 2008 as 19.00horas, a XII Carreira Popular Pedestre "NOIA 2008", con saída e chegada na Alameda de Noia, discorrendo por terreo asfaltado.
DATOS DA PROBA Poderán participar todas as persoas que o desexen, tanto federados como non federados.
CATEGORÍAS (feminina e masculina):- CHUPETE: nacidos no 2004 e posteriores- PITUFO: nacidos no 01- 03- BENXAMÍN: nacidos no 99 - 00- ALEVÍN: nacidos no 97- 98- INFANTIL: nacidos no 95 - 96- CADETE: nacidos no 93 - 94- XUVENIL: nacidos no 91 - 92- JUNIOR: nacidos no 89 - 90- PROMESA: nacidos no 86 -87- 88- SENIOR: de 23 a 34 anos- VETERANS A: 35 A 41 anos- VETERANS B: 42 anos en adiante
HORARIOS e DISTANCIAS: 18:30 h CHUPETE (100 metros)18:30 h PITUFO (100 metros)19:00 h BENJAMÍN (1.000 metros).19:00 h ALEVÍN (1.000 metros).19:00 h INFANTIL e CADETE (3.000 metros).19:00 h XUVENIL-SENIOR-JUNIOR.-PROMESA.-VETERANS(8.000 mts).
PREMIOS - Haberá premios en metálico para os cinco primeiros clasificados da Xeral masculino e femenino.- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.- Medallas para todos os participantes das categorías Chupete e Pitufo.- Camiseta conmemorativa .- Bebidas ao termo de cada proba.- Os premios non son acumulativos.
A organización non se fai responsable dos danos físicos e/ou materiais que a se mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.
Dado o carácter estritamente popular e deportivo desta proba non se admitirán reclamacións, esperando dos participantes, o mellor espírito deportivo para o ben de todos.
A participación nesta carreira leva implícito a total aceptación do Regulamento desta proba

No hay comentarios: