viernes, 1 de agosto de 2008

EXÁMENES 5º E 2º DAN


Chema Salanova y Pablo Carou consiguen o 5º e 2ºº Dan

Chema Salanova e Pablo Carou acadan o 5º e 2º Dan respectivamente no examen celebrado o pasado 12 de Xulo no INEF da Coruña.
O 5º dan é o grao máis alto acadado por un taekwondista noiés , aínda que agardamos que non sexa o útimo.
Para conseguir os graos débense superar uns examenes técnicos onde o tribunal lles solicitará ós aspirantes que realicen con precisión,control,equilibrio, coordinación e potencia as técnicas e pumses determinados para cada grao según o programa oficial da Federación Española de Taekwondo.
Deste xeito tanto Chema Salanova como Pablo Carou superaron satisfactoriamente as suas probas. Non ocorreu o mesmo para os dous aspirantes do Maniotas que se presentaban a 1º Dan, xa que dous erros tanto na execución das técnicas coma nos Pumses truncaban as súas ilusións, e deberán repetilo examen na próxima convocatoria en Novembro.
Estos novos graos súmanse ós xa obtidos polos deportistas do Maniotas ó longo da sua curta historia, e aínda que algúns deles xa non están en activo(por traballo ou estudos) seguen vinculados o clube e dende esta páxina que remos facerlles unha pequena homenaxe.

No hay comentarios: