Ana Martínez, Andrea Bugallo e Lorena Martínez son as campeonas galegas de Tribasket,competición que combina partidos de 3x3, 2x2 e 1x1, xogándose a tempos de 10 minutos o 3x3, 8 minutos o 2x2 e 7 minutos o 1x1 e unha competición de tiro e habilidade.
Con este campeonato conseguido o 1 de xuño en Compostela, adquiren o pase ao campeonato de España que se disputará en Madrid o o 26 e 27 de Xuño.
As noiesas gañaron varias eliminatorias para impoñerse na final ao equipo da Cidade da Coruña .
PARABÉNS E A DISFRUTAR EN MADRID.
No hay comentarios:
Publicar un comentario