Este pasado fin de semana, 14 e 15, disputouse en Écija ( Sevilla) a 2ª xornada da Liga Nacional de Taekwondo.
O taekwondista noiés do Maniotas, desprazouse ata alí para disputar esta proba na que venceu por 4-3 e 8-3 en semifinais e final respectivamente ós seus dous máis directos opoñentes. Deste xeito colócase no 1º posto da liga nacional despois da 2ª praza acadada na 1ª proba que se celebrou en Granada o mes pasado. A 3ª proba disputaráse en Xullo e finalizará a liga despois do verán. Probas das que vos manteremos puntualmente informados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario