jueves, 11 de diciembre de 2008

XOGADORES DE BALONCESTO QUE DESTACAN


Dous integrantes do CB Noia en categoria infantil participaran este finde semana en diversas actividades da Federacion Galega e Española. Por un lado Antón Bouzán estará presente este fin de semana, 6, 7 e 8 de decembro en Allariz, no "Torneo das Seleccións", no que participará a Seleccións Galega en categoría infantil ,xunto ás seleccións de Euskadi e Asturias e á Selección de Ourense Precadete.
Mentras Joseba Lago , xogador infantil do C.B.Noia será un dos representantes galegos na Concentración Estatal da Operación Altura que a FEB realizará os días 5 e 6 de Decembro na Residencia Club Deportivo Aristos, en Madrid.

No hay comentarios: