Debido os daños causados polo temporal do fin de semana, o Polideportivo Municipal estará pechado durante un tempo, que esperemos sexa curto.
Mentras, as actividades de fútbol sala, patinaxe e baloncesto pasarán ó Alonso R. en horario reducido para poder ubicar todas as actividades que ata o momento se desenrolaban.
A escola de fútbol sala queda os martes de 19.00 a 20.00 h.
A Escola de Patinaxe será os mércores de 19.00 a 20.30 h.
O colexio de Bergondo ten os martes de 17.00 a 18.00 h.
O Stand queda cunha hora os xoves de 17.00 a 18.00 h.
Voleibol ten unha hora os xoves de 19.00 a 20.00 h.
Baloncesto os luns de 19.00 a 20.00 h.
Escalada ten un día: os xoves de 19.00 a 21.00 h.
Este horario xa está funcionando.
miércoles, 28 de enero de 2009
TAEKWONDO
11 foron as medallas conqueridas polo Maniotas Noia-Histórica no Cto. Galego Promesas celebrado o pasado 24 de Xaneiro na Pavillón da Fieiteira en Riveira.Iniciábase así a tempada 2009 no que o clube noiés conseguiu ademáis o 3º posto na clasificación feminina cadete. @s medallistas por categorías foron:CADETE: OURO para Silvia Pombo e Jorge Toucedo. PRATA para Ainara Louro e Davide Sendón e BRONCE para Agustín Carou e Xabier Romarís.XUNIOR: BONCES para Alex Ageitos e Iván Brenlla SENIOR: OURO para Javier Siso e BRONCES para Luis González e José A. Mariño. A próxima cita tera a Jonathan Pombo no campionato de España Xunior que se disputará os vindeiros 6,7 e 8 de Febreiro en Tarragona.
lunes, 19 de enero de 2009
ATLETISMO

Onte disputouse o Campionato Galego xuvenil- junior e promeda de pista cuberta, no Palacio dos Deportes de Riazor , onde os atletas do Club Atletismo Noia tiveron unha destacada actuación:Manuel Guasch Martínez acadou a medalla de ouro na proba xuvenil de lanzamento de peso (5kg) cunha marca de 12.96, asi mesmo na categoría junior e na proba de 800ml German Mosquera Filgueira obtivo a medalla de prata, cun tempo de 2.01.66. Tamen nesta misma proba pero na categoría xuvenil Jacobo Mayo Maroñas terminou cuarto cun tempo de 2.15.55, menos sorte tivo Pablo Ferro Montemuiño tívose que retirar por unha lesión
viernes, 2 de enero de 2009
XORNADAS DE FORMACIÓN
A Dirección Xeral para o Deporte convoca unhas xornadas de formación en ensinanzas deportivas baixo o título "O adestramento en equipos de Formación"
O obxectivo destas xornadas é coñecer os métodos de adestramento en iniciación e perfeccionamento deportivo nos deportes de equipo (fútbol, balonmán ou baloncesto, por exemplo) da man de técnicos de recoñecida experiencia e, sobre todo, coñecer o funcionamento e organización de equipos de base.Os cursos celebraranse os próximos 29 e 30 de xaneiro no salón de actos do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcíade Arousa, e neles intervirán Moncho Lopez (Seleccionador de baloncesto de Portugal), Vicente Rodríguez "Cholas " (ex seleccionador español femenino de baloncesto), Modesto Augusto (ex adestrador do Teucro e do BM Cangas na liga Asobal e actual resposábel do BM Porriño) e Julio Garganta (profesor de fútbol na Universidade de Porto) entre outros.A data límite de inscrición, que é gratuíta, é o 22 de xaneiro e o número de prazas que se convocan son 70 para adestradores e cúbrense por orden de inscrición.
www.DEPORTEGALEGO.EU

Suscribirse a:
Entradas (Atom)