lunes, 15 de junio de 2009

CAMPUS DE FÚTBOL


A Deputación de Coruña organiza o Campus de Fútbol para rapaces/as da provincia
DEPORTES
: Técnica, táctica, xogo, adestramento de porteiros.

LUGAR: Instalacións deportivas de A torre (A Coruña) e Acea de Ama (Culleredo).

ALOXAMENTO
: Residencia do IES Cruceiro Baleares. (Culleredo).

DURACIÓN
: de domingo a sábado.

QUENDAS
:
1ª quenda, do 5 ó 11 de xullo.
2ª quenda, do 12 ó 18 de xullo.
3ª quenda, do 19 ó 25 de xullo.
4ª quenda, do 26 de xullo ó 1 de agosto. (Noia)

INCORPORACIÓN
: domingo pola tarde.

REGRESO
: o sábado seguinte despois do almorzo.

DESTINATARIOS
: rapaces/as entre 9 e 13 anos
Data tope de inscripción: 26 de xuño, no Concello
O Concello realizará un sorteo diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación.

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS


A Deputación de Coruña organiza campamentos deportivos para nenos/as de 9-13 anos. Neles os participantes practicarán golf, vela, volei praia, etc. Serán no Colexio Calvo Sotelo de A Coruña e as quendas serán:
  • 1ª quenda, do 5 ó 11 de xullo.
  • 2ª quenda, do 12 ó 18 de xullo.
  • 3ª quenda, do 19 ó 25 de xullo. (Noia)
  • 4ª quenda, do 26 de xullo ó 1 de agosto
Os rapaces de Noia poden apuntarse no Concello antes do 26 de xuño.
O Concello realizará un sorteo público diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación.

FÚTBOL SALA


O Disco Caracol F.S. Noia proclamouse campión da Copa Diputación de fútbol sala. É a guinda que culmina un ano expléndido: Ascenso a 1ª Provincial e título de copa. Felicidades equipo e a seguir triunfando.

TAEKWONDO

Outra vez, e logo dunha gran actuación,Pablo Carou quedouse ás porta de medalla.
En oitavos de final desfíxose do representante de Castela - A Mancha por un contundente 13-3, pero foi en cuartos onde se atoparía cun óso duro de roer.Nada mási e nada menos que co actual campión de Europa do peso(-58kg).E aínda que no 1º asalto foi empatatado a 1 punto e no segundo lle puxera ascousa difíciles, sería no 3º no que o campión de Europa sacaría todo o seu arsenal levándose a victoria por un claro 11-3,e pasando a semifinais.
Aínda así a selección galega proclamouse campiona da Copa do Rei por equipos.Éxito que se suma o 1º posto acadado no Cto. de España absoluto celebrado en Ourense en Marzo.

jueves, 4 de junio de 2009

LOCAL PARA O VOLEIBOL


Este vernes, as 21.00 horas o Club Voleibol Noia inaugura o seu local social nas galerías do Cantón (2ª planta). Servirá de oficina, sala de xuntas, biblioteca, videoteca e local de reunión dos socios e amigos do voleibol. É unha iniciativa do club que sempre quiso ter un local propio. Un antiguo dexeso e unha vella aspiración que, tras moitos anos, cúmprese. Todos os amigos do voleibol local poden pasar polas galerías do Cantón este venres para visitar o novo local para o deporte noiés

miércoles, 3 de junio de 2009

COPA INFANTIL BALONCESTO


O equipo infantil masculino de baloncesto proclamouse campión da copa FGB Infantil Masculina este pasado domingo despois de superar os 10 puntos que o equipo rival traía de ventaxa do encontro de ida. Felicidades os campións.

COPA DO REI DE TAEKWONDO


O taekwondista noiés do Maniotas-Noia Histórica Pablo Carou, está convocado coa Selección Galega para disputar o vindeiro fin de semana en Torrelavega(Cantabria) A Copa do Rey.
Esta competición celébrase en pesos olímpicos xa que é valedeira para o ranking olímpico.
Esta é a 1ª vez que o taekwondista noiés participa nesta proba, e aínda que os pesos son moi distintos, acude á cita con moita ilusión, xa que a convocatoria chegoulle nesta última semana.