jueves, 27 de marzo de 2008

ESCOLA DE ESCALADA


Os recordamos que o Concello de Noia, coa colaboración do club Terra Meiga, organiza unha Escola de Escalada no rocódromo do pavillón Alonso R. de Noia. Está aberto a todalas idades e a inscrición a podedes facer na mesma instalación. As clases será os sábados de 10.00 a 13.00 h. asi que apura que xa estas tardando.

Encontros para o fin de semana

SÁBADO, 29
No Polideportivo Municipal:
16.00 Fútbol sala, 2ª masculina. Pub Cotton Al. Severo Noia - Laracha F.S.
18.00 Fútbol sala, 1ª "B" masculina. Pub Cotton Al. Severo Noia - Fisterra F.S.
DOMINGO,30
No Polideportivo Alonso R.:
17.30 Baloncesto. Xuvenil masculino. CB Noia - Obradoiro
19.30 Baloncesto. Infantil masculino "B". CB Noia - Fontiñas

martes, 25 de marzo de 2008

O EQUIPO DA SEMANA


O PUB COTTON AL. SEVERO está na 5ª plaza da liga Galega Xuvenil de fútbol sala. Javi Severo ten moito que ver co bo facer do equipo este ano. Ánimo e a seguir así rapaces.

lunes, 17 de marzo de 2008

O EQUIPO DA SEMANA


Acaban de clasificarse como segundas na 1ª Nacional e xa están pensando na Fase de Ascenso a Liga FEV, estas rapazas non teñen límite. Pois a adestrar moito e sorte.

viernes, 14 de marzo de 2008

Camiñantes


O vindeiro domingo, 23 temos unha cita co club de camiñantes, imos de ruta por Noia. Sairemos as 10.00 h. do Concello e pasaremos por Santa Cristina, Augalevada, Villaverde, Sampaio e Albariza. Estades todos invitados, taer calzado cómodo e chubasqueiro por si chove.

Iniciación o Tenis


Hai que aproveitar o bo tempo que estamos disfutando, e unha das mellores formas é facendo deporte ó aire libre. Aqui tes unha oferta interesante: aprende a xogar ó ténis. Será o luns, miercois e venres de 16.30 a 18.00 nas pistas do paseo marítimo. Inscrición no Alonso R. ¿A que esperás?

Torneo de Bádminton


Aproveitando os días de vacacións o Departamento de Deportes do Concello organiza un campionato de Bádminton. Será no Polideportivo Alonso R. e está aberto a todalas idades. as categorías establecidas son: feminino, masculino e parellas mixtas. Os días son xoves 20 e venres 21 en horários de mañá e tarde. Non o duvides e participa, inscribite no polideportivo Alonso xa.