martes, 30 de junio de 2009

TAEKWONDO


Gran éxito na IV edición do Cto. Infantil de exhibicións organizado pola Escola de taekwondo Maniotas de Noia, na que se xuntaron ó redor de 120 rapaz@s en categoría infantil.As exhibicións d@s cativ@s levantaron numerosos aplausos do público que encheu as bancadas do Alonso Rodríguez, o pasado sábado 27 de Xuño.Ademáis de taekwondo houbo varios números de aeróbic infantil e baile así como tamén unha actuación dos alumnos do Stand de Noia que puxeron as bancadas en pé.O resultado foi:1º Equipo Maniotas - Noia Histórica2º Maniotas feminino3º Anpa CP Rio Tines da Serra Dende o club queremos agradecer o apoio prestado tanto ó noso patrocinador Noia Histórica como ó concello de Noia pola sua colaboración sempre disposta. Por outra banda, sinalar tamén que catro cadetes do Maniotas-Noia Histórica están participando no campamento de verán Ídolos Mundiais de Taekwondo que se celebra en Oleiros(Riveira) organizado polo club Natural Sport e que congrega ós mellores deportistas nacionais e mundiais así como medallistas olímpicos da nosa disciplina.Estarán no campamento dende o 29 de Xuño ata o 7 de Xullo.

SURF

O Area Longa Surf Club de Noia, por delegación da Federación Galega de Surf, organiza este fin de semana (4 e 5 de Xullo) na sonense prais de Rio Sieira a 1ª proba do circuito galego Open de Bodyboard.Proba valedeira para o rankin galego.Este ano o circuito consta de 3 probas, a de Rio Sieira, Valcobo(Coruña) e O Faro de Lariño (Carnota). O equipo formado por 5 deportistas son:- Samuel Martínez- Nicolás Nieto- Hipólito Mariño(Curty)- Pablo Aguado- Humberto Sanlés Tamén correrá a cargo do Area Longa Surf Club a organización o 8 e 9 de Agosto do 1º Open de Surf e bodyboard que se celebrará tamén no areal de Rio Sieira e que contará con importantes premios en metálico co que agardamos veñan os mellores surfistas do panorama nacional.

ATLETISMO

O pasado sábado día 27 celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego Xuvenil, Júnior e Promesa de pista ao aire libre, tanto de homes como de mulleres, a proba celebrouse nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. cunha boa climatoloxía e a presenza na grada de numerosos aficionados a este deporte. Durante o Campionato os atletas Club Atletismo Noia tiveron unha destacada actuación, cosechando cinco medallas. Pola súa banda Catuxa Segada alzouse ca medalla de prata na proba de 1500ml categorai xuvenil cun rexistro de 5´39, Jacobo Mayo medalla de bronce na proba de 400ml categoría xuvenil cunha marca de 55´05, na categoría promesa o atleta do CAN que subía o caixón no terceiro lugar era Jorge Muiños na proba de 5000ml cun tempo de 17´07 e Pablo Tarela optía as medallas de prata e bronce nas probas de 100 e 200 ml na categoría promesa cunhas marcas de 11´55 e 23´21,

Oferta deportiva Testal 2009


Deporte gratuito para tódolos públicos patrocinado polo Concello de Noia

martes, 23 de junio de 2009

TAEKWONDO

O próximo sábado 27 de Xuño o Club Escola de Taekwondo Maniotas de nOia organiza a 4ª edición do cto. infantil de exhibición de taekwondo, torneo que se levará a cabo no Pavillón Alonso Rodríguez de Noia a partir das10:30 da mañá.
O torneo contará con 10 equipos o que fará un total de 120 rapaz@s.
O obxetivo do campionato non é outro que o de promoción e convivencia d@s rapaz@s a través do taekwondo, así como a toma de contacto coa competición, xa que para moitos del@s será a súa 1ª posta en escea.
Dende o club invitámosvos a tod@s a presenciar este evento que sen dúbida é moi ameno.

jueves, 18 de junio de 2009

FUTBOL SALA

O domingo 21 de xuño dende as 10 da mañá ata as 9 da noite nos Polideportivos Alonso Rodríguez e
Municipal de Noia terá lugar a 3ª edición da COPA DE FÚTBOL SALA – Grupo Correo Gallego que
organizamos dende a ANPA do IES Virxe do Mar de Noia.
Nesta edición acolleremos equipos encadrados nas categorías infantil masculino, cadete masculino, xuvenil
masculino e xuvenil feminino.
As entidades participantes son as seguintes:
AUTOS LOBELLE F.S.
F.S. NOIA
E.D. PORTOSÍN
A.D. ATLETES
IES CAMPO DE SAN ALBERTO
IES VIRXE DO MAR DE NOIA
Durante a xornada da tarde actuará (no polideportivo municipal) o grupo de Break- Dance “VELLA
ESCOLA”
As entidades que patrocinan o torneo son as seguintes
GRUPO CORREO GALEGO - AUTOS DOSIL – DEPORTES CASAIS - la CAIXA - FEDERÓPTICOS
LARRONDO- NEUMÁTICOS TINO
Colaboran
Concello de Noia – IES Virxe do Mar – F.S Noia– Radio Líder
Dende a ANPA IES Virxe do Mar invitamos a todas as persoas afeccionadas a este deporte a que se acheguen
a desfrutar deste torneo.
Agradecémoslles o seguimento que nos seus medios de comunicación decidan realizar mesmo.
Horario 2ª Copa fútbol sala – ANPA IES Virxe do Mar
Pavillón Alonso Rodríguez
10:30 h E.D. ATLETES – IES VIRXE DO MAR (xuvenil feminino)
11:30 h E. PORTOSÍN – AUTOS LOBELLE F.S (infantil masculino)
12:30 h AUTOS LOBELLE F.S – NOIA F.S (cadete masculino)
13:30 h E.D. PORTOSÍN – IES VIRXE DO MAR (xuvenil masculino)
16:00 h 3º - 4º xuvenil feminino
17:00 h 3º - 4º cadete masculino
Pavillón Municipal
10:00 h IES VIRXE DO MAR – F.S NOIA (infantil masculino)
11:00 h IES SAN ALBERTO – E.D. PORTOSÍN (xuvenil feminino)
12:00 h E.D. PORTOSÍN – IES VIRXE DO MAR (cadete masculino)
13:00 h NOIA F.S – IES VIRXE DO MAR (xuvenil masculino)
14:00 h 3º /4º infantil masculino
16:00 h 3º/4º xuvenil masculino
17:00 h FINAL infantil masculino
18:00 h FINAL cadete masculino
19:00 h FINAL xuvenil feminino
20:00 h FINAL xuvenil masculino
21:00 h Entrega trofeos
Nos descansos dos partidos finais e na previa a entrega de trofeos actuará o grupo de breakdance
“Vella Escola”.
Arbitraxe : Núñez e Guasch

lunes, 15 de junio de 2009

CAMPUS DE FÚTBOL


A Deputación de Coruña organiza o Campus de Fútbol para rapaces/as da provincia
DEPORTES
: Técnica, táctica, xogo, adestramento de porteiros.

LUGAR: Instalacións deportivas de A torre (A Coruña) e Acea de Ama (Culleredo).

ALOXAMENTO
: Residencia do IES Cruceiro Baleares. (Culleredo).

DURACIÓN
: de domingo a sábado.

QUENDAS
:
1ª quenda, do 5 ó 11 de xullo.
2ª quenda, do 12 ó 18 de xullo.
3ª quenda, do 19 ó 25 de xullo.
4ª quenda, do 26 de xullo ó 1 de agosto. (Noia)

INCORPORACIÓN
: domingo pola tarde.

REGRESO
: o sábado seguinte despois do almorzo.

DESTINATARIOS
: rapaces/as entre 9 e 13 anos
Data tope de inscripción: 26 de xuño, no Concello
O Concello realizará un sorteo diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación.