miércoles, 30 de enero de 2008

Benvidos

Benvidos ó novo espazo do deporte en Noia. Dende aquí queremos ser o punto de información deportiva da nosa vila, así como a canle de comunicación entre os clubes e a Concellería de Cultura e Deportes.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Sra. Concelleira:
Diríxome a vostede para comentarlle uma breve crítica sobre a instalación deportiva municipal de Noia, xa que a invensión feita, foi dun orzamneto bastante importante para as deficiencias que ahora posúe a propia instalación, como:
1. A entrada de abundante auga na propia instalación, xa que en vez de ser unha pista polideportiva parece unha piscina municipal.
2. Debido a entrada de auga, agora a propio pavimento presenta deficiencias como burbullas de aire que impiden á práctica deportiva de varias modalidades.
3. Tamén comentar que gracias os patinadores que hai nesta localidade e que fan uso da propia instalación (como ciudadanos noises que son), fan que esas burbullas desaparezcan. peron non sen consecuncia, senón que provocan que no sitio que ten aire o pavimento acabe arrebentado, parecendo eso un campo de golf cos seus buracos.
4- Desde meu punto de vista deberían de construirlle ou havilitarlle unha instalación para dita práctica, xa que en breves meses, volveremonos a quedar sen instalación, na que se volverá a invertir unha gran cantidade económica e na que as deficiencias seguirán sendo as mesmas, é decir, que con toda a inversión feita nesta instalación, acabaríase antes invertindo toda esa cantidade económica construíndo outra instalación nova.
Sen máis, espero que se valore un pouco máis as opinios dos ciudadáns e usuarios desta instalación, que tódolos días nos encontramos con bastantes deficiencias para poder practicar o noso deporte.

Anónimo dijo...

Remítome outra vez a vostede Sra. Concelleira, xa que según vostede, creouse esta páxina para ser un punto de comunicación entre a xente, entidades deportivas e concello, pero polo que podo observar, non se está cumplindo con este obxectivo, xa que fai algúns días que espuxen algúns puntos sobre o mal estado do polideportivo, e na que esperaba algunha contestación, xa que hai que destacar a gran cantidade económica que se invertiu na propia instalación e na que os problemas seguen sen solucionarse.
Esto non é unha crítica, senon un comentario para que se lle busque solución a todo isto, e non con palabrerío político, senon con feitos.
Un saúdo sra. concelleira.

Lola dijo...

Boas:

Sinto non ter contestado antes a estes comentarios, pero ás veces non dispoño do tempo tanto como me gustaría.
Cando se planifica unha obra hai que tela baixo o control dende o principio: deseño, busca de financiamento, execución e recepción. A pesares diso, as obras execútanse por seres humanos, que como ben sabes, non son perfectos e, ás veces, cometen erros. A labor que temos as persoas que nos adicamos á vida política é intentar solventar eses problemas,e, para a túa tranquilidade, xa estamos en fase de subsanación do defecto de construcción.
Gracias pola idea de habilitar un espazo para os patinadores, tereino en conta no futuro, pero mentres tanto hai que compartir as instalacións entre todos.
Saúdos.