miércoles, 26 de noviembre de 2008


O MANIOTAS-NOIAHISTÓRICA DE TAEKWONDO ACADOU O 2º POSTO NA CATEGORÍA INFANTIL MASCULINA E 3º NA FEMININA CON UN TOTAL DE 17 MEDALLAS NO XI INTERNACIONAL CIDADE DE RIVEIRA. Con un total de 400 deportistas pertencentes a uns 25 clubes (Galicia, País vasco , Portugal, Canarias), celebrouse o pasado sábado 22 de Novembro no pavillón da Fieiteira o Xi Cidade de riveira. Ata alí desprazáronse 26 deportistas do club Maniotas-Noia Histórica para, durante toda a xornada do sábado disputar este evento.Un total de 17 medallas e o 2º posto en masculino infantil e o 3º en feminino infantil foi o botín do equipo noiés.Os medallistas foron: Infantil masculino, ouro para Álvaro garcía e Abraham rial. Prata para Agustín carou e Mario Brenlla e Bronce para alberto Verea e adrián Míguez.En infantil feminino os ouros foron para Lucía Trillo Cienfuegos e Ana Pazos e bronce para Tania Villaverde.Os cadetes quedaron da seguinte maneira: Ouro para Jorge Toucedo e bronces para Iván Brenlla, Adrián Sánchez e Alejandro Ageitos. En canto as féminas o resultado foi bronce para Silvia Pombo e Alicia Lojo. En canto a xornada da tarde, onde se disputaba a categoría xunior, os dous representantes noises consegurían sendas preseas, a prata foi para Javier Siso e o Bronce para Jonathan Pombo que saía como menbro da selección galega, e que fixo unha semifinal moi reñida co representante de Portugal, no que o marcador remataría 9-8 a favor do portugués. Jonathan Pombo disputará a preselección para o cto. de españa o vindeiro sábado 29 na Centro de Tecnificación de Pontevedra. Pero o prato forte viría logo ca celebración da copa da Liga Nacional, onde Pablo carou se mediría ó representante de Madrid e ó que venceu por un axustado 11-10. Pablo disputou un apaixoante combate onde se sucedían as accións e os puntos por ambas partes. Pero Pablo logrou manter a calma e agardar o seu momento e cunha anticipación de técnica á cara que lle daba 2 puntos, logrou poñerse por diante no marcador. Pablo viña de disputar o Open de cores no que non tivera moita sorte ó perder en cuartos de final co representante indonesio, e este triunfo perto da casa , súpolle a gloria.En canto ós cadetes que disputaron o nacional o pasado 15 e 16 de Novembro, Iago Formoso e Tania Gorgal, non tiveron sorte e caeron na 1ª rolda.Pesoulles s sua 1ª actuación nun nacional. Só Iago formoso estivo a piques de gañar pero un erro á falta de 3 segundos do remate puxo por diante ó madrileño que gañaría o combate.

No hay comentarios: