lunes, 10 de noviembre de 2008

UN CAMPIÓN NOIÉS


O taekuondista noiés Jonathan Pombo do Maniotas-Noia Histórica proclamouse campión galego Xunior (en -de 48 Kg) o pasado Sábado en Sada.Logo se superar unha durísima semifinal co representante de Riveira enfrentaríase na final co taekuondista de Vigo que o elimirara no Cadete de Noia. Pero desta volta tomouse a revancha e gañoulle na final por 4 puntos de diferencia.Agora terá que volver a loitar con él na preselección para o campionato de España pero ca gran diferencia de que Jonathan é o actual campión . O resto do equipo tivo unha boa actuación xa que para todos eles era a primeira vez que disputaban un Xunior, sendo todos eles cadetes aínda.Con un total de 5 medallas,o ouro de Jonathan e 4 bronces que foron para Javier Siso, Alex Ageitos,Iago formoso e Ainara Louro o equipo Maniotas-Noia Histórica tivo máis que decente estreo na categoría Xunior. Por outra banda os cadetes Iago Formoso e Tania Gorgal desprazaránse ca Selección Galega a Alicante para disputar o campionato De España o vindeiro fin de semana.

No hay comentarios: