martes, 10 de junio de 2008

FESTA DO DEPORTE


Éxito na I Festa do Deporte. Moita xente, pequenos e maiores, disfrutaron dunha expléndida mañán de domingo. Se queredes ver fotos do evento podedes entrar na páxina do CB Noia onde teñen unha carpeta chea de imaxines do día. Gracias a todos por participar.

ACTIVIDADES PARA O VERÁN


Estamos preparando as actividades para estos meses de lecer. Como adianto os podemos decir que haberá para todalas idades e que estamos pensando en facer tai-chi, relaxación, patinaxe con música, unha ludoteca, volei-praia, relaxación e masaxe, escalada, tenis, exercicio para a espalda, campamentos, etc. Estade atentos que en breve publicaremolo todo.

viernes, 6 de junio de 2008

FESTA DO DEPORTE


Este domingo é o día: a I Festa do Deporte Galego. Preto de 100 concellos unidos polo deporte. E Noia non vai ser menos, contamos con moitas actividades e queremos que participedes nelas. O domingo a partir das 10.00 h. ata ás 14.00 h., no Paseo Marítimo, todos a facer deporte: atletismo, baloncesto, break dance, fútbol sala, mantemento, natación, patinaxe, remo, taekwondo, voleibol, ximnasia artística e xogos tradicionais. Non faltedes, haberá regalos: camisetas, gorras, ...

miércoles, 4 de junio de 2008

CAMPIONATO DE TAEKWONDO NA ESTRADA

Jonathan Pombo mellor competidor masculino 1º Campionato de Taekwono da Estrada e 3º posto para o Equipo Cadete Femenino do Clube Maniotas.Este sábado 31 de Maio celebrouse na Estada o 1º Campionato de Taekwondo na categoria cadete.Ata alí desprazaronse os equipos masculio e femenino do CLUB ESCOLA MANIOTAS DE NOIA . Un total de 15 deportistas apasionados totalmente por ese deporte, 8 rapaces e 7 rapazas, os que conseguiron un total de 10 medallas (2 ouros, 3 pratas e 5 bronces).@S Taekondistas do Maniotas voltaron a estar no podio na clasificacion por equipos, ainda que desta volta foi o equipo feminino o que acadou a 3ª posición.Outro bo resultado foi a eleccion de Jonathan Pombo como mellor competidor do campionato, ó ter que superar 4 combates para logralo o ouro final. FELICIDADES.!!!Os medallistas, sin olvidar a participacion de todos os que neste Campionato se esforzaron ó máximo, foron:Jonathan Pombo: Ouro Tania Gorgal: Ouro Yago Formoso: Prata Adrián Sanchez: Prata Silvia Pardal: Prata Daniele Sendón: Bronce Iván Sanchez: Bronce Alicia Lojo: Bronce Ainara Louro: Bronce Monica Pardal: Bronce

ATLETAS DO CLUB ATLETISMO NOIA CAMPIÓNS GALEGOS E UN RECORD GALEGO


O pasado domingo 1 de xuño, celebrouse nas Pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo o Galego Cadete. Nesta xornada os atletas Pablo Ferro Montemuiño e Daniel Maceiras Insua acadaron o Campionato Galego Cadete nas probas de 1500 metros obstaculo e lanzamento de Xabalina (600grs), respectivamente e Lara Manzanedo Matilla foi bronce na proba de Lanzamento de Marterlo. Na misma xornada disputose tamén o Criteriun Galego Benxamín, Alevín e Infantil, onde o noso atleta Tariku Novales Ordax, obtivo a medalla de ouro na proba de 1000ml, cunha marca de 3´23´´ 84, batindo así o Record Galego da distancia que tiña o atleta do S.A.M., Manuel Rioboo Costas, ca marca de 3.26.2, obtida en o 28/04/2001 en Vigo, ademáis Tariku obtivo a medalla de plata en Salto de Altura. Asimesmo destacar a actuación de Hugo García Crende que volveu a demostrar o seu estado de forma conseguindo duas medallas de ouro nas probas de 80 e 220 metros valados, e a medalla de plata na proba de triple salto, na categoría Infantil.

CAMPEONAS GALEGAS DE TRIBASKET



Ana Martínez, Andrea Bugallo e Lorena Martínez son as campeonas galegas de Tribasket,competición que combina partidos de 3x3, 2x2 e 1x1, xogándose a tempos de 10 minutos o 3x3, 8 minutos o 2x2 e 7 minutos o 1x1 e unha competición de tiro e habilidade.
Con este campeonato conseguido o 1 de xuño en Compostela, adquiren o pase ao campeonato de España que se disputará en Madrid o o 26 e 27 de Xuño.
As noiesas gañaron varias eliminatorias para impoñerse na final ao equipo da Cidade da Coruña .
PARABÉNS E A DISFRUTAR EN MADRID.

martes, 3 de junio de 2008

XORNADAS DE INCIACIÓN Ó FÚTBOL SALA


O Club de Fútbol sala Cotton Al. Severo organiza unhas novas xornadas de iniciación ó fútbol sala para nenos de 6-16 anos de idade. Será no Polideportivo Municipal este sábado 21 de xuño de 10.30 a 13.30 h. O prazo de inscrición remata o xoves. O boletín de inscrición o podedes encontrar nos polideportivos da Vila.